España

O Goberno vasco outorgaralle a unha trintena de empresas o Certificado de Calidade na Xestión Lingüística

O Boletín Oficial do País Vasco publicou a orde pola que se establecen as bases do proceso de avaliación externa 'Bikain' (Certificado de Calidade na Xestión Lingüística), e na que se abre o prazo de solicitude deste servizo de avaliación para a edición de 2011, ao que optan 30 organizacións como máximo.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Os deputados debaten o uso das linguas cooficiais na Cámara Baixa

O Congreso dos Deputados debaterá a posibilidade de reformar o seu Regulamento para garantir “canto antes” o uso do catalán, o éuscaro e o galego, tal como reivindica unha proposición de lei promovida por Esquerra Republicana (ERC) e que leva tamén a sinatura dos nacionalistas de CiU, PNV e BNG, así como de IU-ICV e de Nafarroa-Bai.

Fonte: El Mundo

Xeral

Sete de cada dez escolares de educación infantil estudan en éuscaro

As cifran resultan elocuentes porque sete de cada dez nenos que cursaron educación infantil en Euskadi durante o curso 2009-2010 fixérono no modelo D, dominado polas clases en éuscaro. O modelo B foi a segunda opción, cun 24% do alumnado, e só un 4% seguiu os estudos no modelo A, segundo Eustat.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

España suspende en dominio do inglés

España atópase á cola de Europa en canto a dominio de inglés. Así o revelan os resultados dun estudo elaborado por Education First (EF) a partir de probas de nivel practicadas a máis de dous millóns de adultos de 42 países e dous territorios.

Fonte: ABC

Xeral

A Generalitat de Catalunya propón que as linguas autonómicas se estuden nas comunidades autónomas limítrofes

A conselleira de Ensino da Generalitat, Irene Rigau, propuxo un plan de “plurilingüismo veciñal” para que as linguas autonómicas se estuden nas escolas das comunidades autónomas limítrofes nas que non son cooficiais.

Fonte: La Voz de Barcelona

Cataluña

O Instituto Etxepare destinará 1,3 millóns de euros á difusión internacional da lingua vasca

O Instituto Etxepare destinará 1,3 millóns de euros, o 48% do seu orzamento, a axudas para a difusión internacional da cultura vasca. Uns 751.359 destinaranse a promover a produción no exterior e 600.000 a consolidar e abrir programas de lectorados, cátedras e bolsas en prestixiosas universidades do mundo.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Real Academia Española implícase na promoción do español na rede

A Real Academia Española e a patronal do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (Ametic) adheriranse, durante a celebración da décima reunión do Club Málaga Valley, á Declaración para promover o uso do español na rede, que tamén asinaron en outubro de 2010 empresas coma Telefónica, IBM; Oracle, Red.es ou o Grupo PRISA, editor de El País.

Fonte: El País

Xeral

Preto de 10.000 alumnos participan este ano nos cursos de inmersión en inglés organizados pola Universidade Menéndez Pelayo

Preto de 10.000 alumnos participarán nos cursos de inmersión en lingua inglesa, que inicia a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) nas súas sedes. Todos os alumnos contan cunha bolsa do Ministerio de Educación para realizar estes cursos, que se desenvolven ata decembro.

Fonte: El Faro Digital

Xeral

A Comunidade de Madrid ofrece cursos gratuítos de formación en lingua inglesa para 4.354 profesores

A Comunidade de Madrid ofrece este ano cursos gratuítos de formación en lingua inglesa para 4.354 profesores de colexios e institutos públicos e concertados da rexión que participan do programa bilingüe, segundo informou o Goberno rexional.

Fonte: Qué

Madrid

A Universidade de Oviedo crea a Comisión de Normalización Lingüística do Asturiano

A Universidade de Oviedo acaba de dar un paso moi importante para a dignificación da lingua asturiana na propia institución. Trátase da creación da Comisión da Normalización Lingüística do Asturiano, que vai asesorar o reitor na materia.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder