España

Google Public Data Explorer permite consultar datos sociolingüísticos dos municipios cataláns

O Instituto de Estatística de Cataluña publicou na plataforma de datos de Google os principais indicadores municipais, que inclúen datos de coñecemento de catalán (entender, falar, ler e escribir) en valores absolutos e porcentaxes dos municipios e as comarcas de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Comunidade de Murcia edita un dicionario sobre lingua franca mariñeira con máis de 9500 acepcións

O “Dicionario de lingua franca mariñeira do Mediterráneo”, do capitán de navío Pedro Fondevila, supón a obra máis completa editada ata a actualidade nesta materia ao recoller máis de 7800 voces e arredor de 9500 acepcións de palabras, das que 3000 non están incluídas no actual Dicionario da Lingua da Real Academia Española.

Fonte: 20 minutos

Murcia

Realízase o primeiro videoclip en lingua de signos española

As persoas xordas poden xa gozar da música hip-hop grazas ao novo traballo de “Rapsoda”, o primeiro rapeiro en España que utiliza lingua de signos nun videoclip.

Fonte: Diario Siglo XXI

Xeral

A Universidade Internacional de Andalucía analizará os métodos no ensino do español como lingua estranxeira

A Universidade Internacional de Andalucía (UNIA) en Málaga, coa colaboración do Instituto Cervantes, analizará nos seus cursos de verán os métodos máis modernos para o ensino do español como lingua estranxeira, durante o encontro “Técnicas para dinamizar as clases de español como lingua estranxeira”.

Fonte: 20 minutos

Andalucía

O Instituto Cervantes prepara os actos para celebrar o Día do Español

O Instituto Cervantes convidou a 34 personalidades da cultura, da economía, da ciencia e do deporte para participar na votación da súa palabra favorita do español, que se organiza dentro das actividades do Día do Español (Día E).

Fonte: El País

Xeral

As institucións impulsan a cátedra de occitano da Universidade de Lleida

A Universidade de Lleida (UdL) será a única universidade catalá que ofrecerá unha cátedra de estudos occitanos a teor do acordo que subscribiron o Concello de Lleida, a Deputación de Lleida e o Consello Xeral de Arán coa Universidade de Lleida.

Fonte: La Manyana

Cataluña

O Goberno vasco destina 629.000 euros para fomentar o uso do éuscaro e reforzar a expresión oral

O Goberno vasco aprobou a orde pola que se convocan axudas para fomentar o uso do éuscaro nas actividades extra académicas e o afianzamento idiomático, dotadas con 367.000 euros. Tamén destinou outros 262.000 euros para reforzar a expresión oral destinada á euscaldunización do ámbito escolar durante o curso 2011-2012.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

Varios colectivos piden aos partidos políticos máis medidas para normalizar o éuscaro en Vitoria

Unha decena de colectivos de Vitoria pediron aos partidos a súa involucración no labor de normalizar o éuscaro na cidade. «É un compromiso que adquiriron hai catro anos e aínda non se cumpriu», sinalaron portavoces de AEK, IKA e Euskal Herrian Euskaraz, entre outras agrupacións.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Centro de Terminoloxía TERMCAT abre unha canle de diálogo cos usuarios en Twitter

O Centro de Terminoloxía TERMCAT estase incorporando progresivamente ás redes sociais. Se hai unhas semanas abría un espazo en Youtube (http://www.youtube.com/termcat), recentemente abriu unha canle de diálogo cos usuarios en Twitter (http://twitter.com/#!/termcat_).

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia reúnese no Parlamento de Euskadi coa súa homóloga vasca

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi, mantiveron un encontro institucional na sede do Parlamento de Euskadi.

Fonte: Xunta de Galicia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder