España
A Consellería valenciana de Educación duplica os cursos de inglés para que os profesores poidan dar clases
O obxectivo é que, en catro anos, arredor de 20.000 profesores do sistema público e concertado, un terzo aproximadamente do total, conten coa habilitación para impartir materias en inglés e cumprir así co novo modelo trilingüe.
Fonte: ABC
O festival da lingua valenciana contará con talleres, contacontos e música
Vilarreal celebra o festival “Mira per la Llengua”, que terá lugar na Praza Maior, para “potenciar o uso do valenciano nos diferentes sectores da poboación”, tal e como anunciou o edil de Cultura, Héctor Folgado.
Fonte: Levante-emv
Pen Catalán presenta unha nova Declaración dos Dereitos Lingüísticos
A presentación do documento coincide coa aprobación hai quince anos en Barcelona da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, asinada por 41 centros Pen, 66 ONG e 41 expertos de todo o mundo, que partiron do principio de que “os dereitos lingüísticos son, à vez, individuais e colectivos”.
Fonte: ABC
O Goberno español aproba un programa para favorecer as emisións televisivas na súa lingua orixinal
O Goberno aprobou o pasado 23 de marzo o Programa Integral de Aprendizaxe de Lingua Estranxeira 2010-2020 cunha dotación económica de 119 millóns de euros que prevé “favorecer a emisión de programas e películas no seu idioma orixinal nos medios de comunicación”.
Fonte: Público
O 70 % dos guipuscoanos que se presenta á selectividade realizará o exame en éuscaro
As probas de acceso á universidade inícianse o mércores día 8 de xuño en Euskadi e 3191 alumnos guipuscoanos presentaranse aos exames de selectividade. Destes, 2201 (o 70 %) farán a proba en éuscaro, mentres que os 856 restantes a realizarán en castelán.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Universidade Jaume I afonda no debate sobre as linguas no ensino
O Departamento de Educación da Universidade Jaume I organiza as I Xornadas «Cap a una escola plurilingüe» (cara a unha escola plurilingüe), actividade de formación e debate que terá lugar os días 7 e 8 de xuño de 2011.
Fonte: elperiodic.com
Conclúe o “Curso de Lingua e Cultura Española para Estranxeiros” con 54 participantes
A edición de primavera dos “Cursos de Lingua e Cultura Española para Estranxeiros” contou con 54 estudantes procedentes de catorce países dos catro continentes. Desde o pasado 28 de marzo, estes alumnos recibiron 150 horas de formación en lingua española de niveis inicial, intermedio ou avanzado.
Fonte: Europa Press
Escola Valenciana clausura as Trobades
Escola Valenciana clausurará as Trobades d’Escoles en Valencia 2011 en Ibi e Relleu tras percorrer distintas localidades das Comunidade Valenciana, nas que se reivindicaron o ensino en valenciano e o uso social da lingua vernácula.
Fonte: Diario Crítico
A Radio Televisión Vasca (EiTB) aposta pola promoción do éuscaro
Desde os seus inicios, EiTB asumiu o compromiso de impulsar o emprego e a normalización do éuscaro entre a sociedade vasca.
Fonte: EiTB
A Alhambra é o primeiro monumento de España que presta un servizo de signoguías para xordos
O conxunto monumental da Alhambra e o Xeneralife converteuse no primeiro de España en ofrecer un servizo gratuíto de signoguías para persoas xordas a través dun dispositivo Ipod con pantalla táctil que reproduce vídeos explicativos en lingua de signos española e subtitulados.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín