España
Reclaman un "verdadeiro" Plan de normalización do éuscaro para a Universidade Pública de Navarra
Varias organizacións reclamaron un "verdadeiro" Plan de normalización para a Universidade Pública de Navarra. Neste sentido, esixíronlle ao equipo reitoral que "garanta os dereitos dos estudantes euscaldúns" e animaron a estes a que teñan en conta a actual oferta e se matriculen nas materias que se ofertan en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A Obra Cultural Balear lamenta a eliminación da Dirección de Política Lingüística de Palma de Mallorca
Nunha nota de prensa, a entidade expresou que considera que a creación da dirección xeral e da área de Política Lingüística foi "un paso importante nas políticas públicas a favor da lingua propia de Mallorca".
Fonte: ABC
A diversidade lingüística do Camiño de Santiago protagoniza unha exposición itinerante que inicia en Pamplona o seu percorrido
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e o director xerente de Euskarabidea (Instituto Navarro del Vascuence), Xabier Azanza, inauguraron en Pamplona a exposición itinerante Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago, que tamén viaxará a Santiago de Compostela e a Kiel, en Alemaña, ata o próximo mes de decembro.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade Jaume I contará cunha Unidade para a Educación Multilingüe
O reitor da Universidade Jaume I, Vicent Climent, e o presidente da Federación de Asociacións pola Lingua, Escola Valenciana, Vicent Moreno, asinaron o luns 20 de xuño de 2011 un convenio para a constitución e posta en marcha da Unidade para a Educación Multilingüe na universidade pública de Castellón.
Fonte: El Periodic
PuntuEus anuncia que pedirá o dominio .eus para o éuscaro en internet
Este anuncio prodúcese despois de que a Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (ICANN), reunida en Singapur, decidise abrir, a partir do vindeiro 12 de xaneiro de 2012, o proceso para solicitar novos dominios xenéricos de primeiro nivel.
Fonte: ABC
Os profesores de lingua galega no Bierzo denuncian discriminación
Aseguran estar cansos de que impartir galego no Bierzo se convertese nunha «carreira de obstáculos». Denuncian a discriminación da súa materia e o intento, por parte das direccións dalgúns centros, de evitar que os alumnos escollan o programa de galego.
Fonte: Diario de León
O Senado dá o seu visto e prace ao cambio de nome das provincias vascas
O Senado deu o visto e prace definitivo ao cambio de nome das tres provincias vascas, que unha vez que a modificación sexa publicada no BOE pasarán a chamarse oficialmente Araba/Álava, Gipukcoa e Bizkaia.
Fonte: Europa Press
Radiotelevisión Española e o Instituto Cervantes asinan un convenio para difundir a lingua e a cultura españolas
Radiotelevisión Española (RTVE) e o Instituto Cervantes asinaron un convenio para promover e difundir a lingua e a cultura españolas. En virtude deste convenio ambas as partes comprométense a impulsar a creación de programas e o intercambio de información.
Fonte: RTVE
O Parlamento vasco rexeita restarlle peso ao éuscaro na nova oferta pública de emprego (OPE) de Sanidade
O Parlamento vasco rexeita restarlle peso ao éuscaro na nova oferta pública de emprego (OPE) que Osakidetza (o departamento de Sanidade) está a punto de convocar.
Fonte: Diario Vasco
Preséntase a campaña de barnetegis de verán, unha oportunidade de vivir en éuscaro durante as 24 horas do día
O Goberno vasco, o instituto HABE e os Euskaltegis presentaron a campaña de matriculación dos barnetegis de verán "Uda Barnetegiak. Aberto en vacacións". Os responsables animaron a todos os que queiran mellorar o seu nivel de éuscaro a participar na iniciativa, xa que os barnetegis ofrecen a oportunidade de vivir nesta lingua durante as 24 horas do día.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín