España

A Universidade de Oviedo organiza en xullo maratóns de inglés e italiano

A Universidade de Oviedo organiza, a través da Casa das Linguas, maratóns de inglés e italiano durante o mes de xullo, co propósito de ofrecer cursos intensivos destas linguas con profesores expertos e unha metodoloxía dinámica.

Fonte: Europa Press

Asturias

O Goberno de Baleares quere que os pais poidan escoller a lingua coa que os seus fillos aprenden a ler e escribir

O portavoz do Goberno e conselleiro de Educación, Cultura e Deporte, Rafael Bosch, matizou que o obxectivo do Executivo balear é que os pais poidan escoller a primeira lingua coa que os seus fillos poidan iniciar o proceso educativo máis cedo e, polo tanto, coa que aprendan a ler e escribir.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Persoas xordas esixen información accesible en lingua de signos en determinados procesos sanitarios

A Confederación Estatal de Persoas Xordas esixiu información accesible en servizos sanitarios tales como os referidos á saúde reprodutiva e aos procesos de cambio de sexo, onde a lingua de signos e os apoios á comunicación oral, din, están ausentes.

Fonte: Diario Siglo XXI

Xeral

A Universidade de León fomentará a formación en idiomas do seu persoal administrativo

O vicerreitor de Relacións Internacionais e Institucionais da Universidade de León (ULE), José Luís Chamosa, manifestou que a formación en idiomas do persoal administrativo e de servizos da institución académica é "o gran reto” para avanzar na internacionalización e na mobilidade.

Fonte: 20 minutos

Castela e León

Os estudantes reclámanlle á Universidade de Oviedo que permita a presentación de teses de doutoramento en lingua asturiana

A Agrupación Universitaria polo Asturiano (CUPA) acaba de presentar ante a Universidade de Oviedo unha reclamación formal sobre o Regulamento de Estudos de Doutoramento para que se permita a presentación de teses de doutoramento en lingua asturiana, unha posibilidade que nestes momentos a norma non recolle.

Fonte: Europa Press

Asturias

San Sebastián aproveitará a súa capitalidade cultural para impulsar a lingua e cultura vascas

O alcalde de San Sebastián, Juan Carlos Izagirre, asegurou que se impulsará a lingua e a cultura vascas con motivo da capitalidade cultural da cidade en 2016.

Fonte: ABC

País Vasco

O Congreso apoia que o catalán sexa lingua vehicular en Baleares e Valencia

O Congreso aprobou unha proposta de resolución presentada por ERC na que se instaba o Goberno a garantir que o catalán será a lingua vehicular no ensino na Comunidade Valenciana e en Baleares.

Fonte: El Mundo

Xeral

As colonias urbanas en éuscaro son as máis demandadas en Bilbao

As colonias infantís organizadas polo Concello de Bilbao darán comezo neste mes. Co 100 % das prazas ocupadas, 1570 rapaces e rapazas bilbaínas gozarán de diversas actividades destinadas ao coñecemento dos bosques. As prazas en éuscaro foron as máis demandadas, cun 87% das solicitudes no programa Udalekuak, para nenos entre 6 e 12 anos.

Fonte: Deia

País Vasco

Burgos acolle un curso de formación para profesores de español como lingua estranxeira

A Fundación Instituto Castelán e Leonés da Lingua, en coordinación co Instituto Cervantes e o Centro de Formación Cefynt, organizaron un curso inicial de formación para profesores de español como lingua estranxeira (ELE) que terán lugar no Palacio de la Isla, Burgos, entre o 4 e o 29 de xullo.

Fonte: Europa Press

Castela e León

Salamanca recibe este verán un 6 % máis de estudantes de español

A Universidade de Salamanca iniciou os seus cursos internacionais de Lingua e Cultura Española, aos que asistirán un total de 1600 estudantes dos cinco continentes. A directora dos cursos, María Isabel Toro, destacou que a pesar das dificultades económicas de moitos países «este ano conseguimos incrementar os nosos alumnos en preto dun centenar respecto ao ano 2010».

Fonte: El Norte de Castilla

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder