España

A Consellería vasca de Educación ofrecerá clases de reforzo de inglés gratuítas para os estudantes de Formación Profesional

O Departamento vasco de Educación considera que a Formación Profesional (FP) vasca necesita novos aires. Por isto, optou por ofrecer, a partir do próximo curso, clases gratuítas de reforzo de inglés fóra do horario escolar aos alumnos de FP.

Fonte: El País

País Vasco

Euskaltzaindia indaga sobre o pasado e presente do éuscaro e outras tres linguas

Euskaltzaindia presentou dúas importantes publicacións. En primeiro lugar, a Academia do Éuscaro deu a coñecer o CD-ROM que recolle o contido das importantes charlas do XVI Congreso Internacional da institución, celebrado en Iruñea en 2008. En segundo lugar, presentou os dous novos números de Euskera, o órgano oficial da Academia.

Fonte: Deia

País Vasco

O catalán deixará de ser obrigatorio para os funcionarios en Baleares

Só os profesores e os empregados do Goberno autonómico que atendan o público deberán acreditar o coñecemento da lingua catalá, no resto dos casos será un mérito.

Fonte: La Voz de Barcelona

Illas Baleares

O municipio de Cort contestará na lingua oficial que os cidadáns escollan

Nas súas relacións verbais cos cidadáns, tanto presenciais como por vía telefónica, os servizos administrativos municipais ofrecerán a primeira atención en catalán e continuarán na lingua cooficial elixida polo interlocutor, “respectando a súa opción lingüística”.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Valedor do Pobo da Comunidade Valenciana insta o Concello de Alacant a garantir a rotulación en valenciano

O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo)da Comunidade Valenciana, José Cholbi, instou o Concello de Alacant a que active os mecanismos necesarios para garantir que a rotulación das instalacións e oficinas municipais se realice preferentemente en valenciano, dado que a poboación se atopa nunha zona de predominio lingüístico valenciano.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

A oferta de grupos de inglés na Universidade Pública de Navarra chega a 65 materias de seis graos

A oferta de grupos de inglés na Universidade Pública de Navarra crecerá o próximo curso case un 63% con respecto ao pasado ano, ao pasar de 40 a 65 materias impartidas nesta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

As materias en éuscaro da Universidade Pública de Navarra seguen crecendo e pasan de 117 a 152

O número de materias que a Universidade Pública de Navarra imparte en éuscaro segue a súa tendencia ascendente de cara ao próximo curso, aínda que o ritmo de crecemento é moito menor que o rexistrado en 2010-2011. En concreto, a oferta de materias en éuscaro aumentará un 30%, ao pasar de 117 a 152.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Real Academia Española crea unha unidade para canalizar as críticas sobre o Dicionario

A Real Academia Española creou unha unidade para canalizar as críticas e propostas relacionadas co Dicionario, que serán estudadas de inmediato e incorporadas á edición dixital, se se consideran adecuadas.

Fonte: La Voz de Galicia

Xeral

A Universidade das Illas Baleares cre que o peche de Radio Televisión de Mallorca viola a Lei de normalización lingüística

Os departamentos de Filoloxía Catalá e Lingüística Xeral da Universidade das Illas Baleares fixeron público un manifesto no que expresan a súa oposición ao peche de Radiotelevisión de Mallorca e advirten ao Consell que ten a obriga de cumprir coa Lei de normalización lingüística, que recolle o deber da Administración de promover o coñecemento e o desenvolvemento da lingua e cultura catalás nos medios de comunicación.

Fonte: Telecinco

Illas Baleares

Unha web permite descargar música vasca de internet

Ibaimusic.com reúne por primeira vez nun portal de internet toda a música feita en Euskadi, tanto en éuscaro coma en castelán, para a súa descarga.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder