España

O Consello Navarro do Éuscaro insta a que Euskarabidea conserve as súas competencias

O Consello Navarro do Éuscaro decidiu deixar sobre a mesa o decreto que regula os novos estatutos de Euskarabidea (Instituto Navarro do Éuscaro) para que a nova redacción conteña os mesmos obxectivos que tiña ata agora e conservar, entre outras cousas, a potestade do instituto de emitir informes sobre políticas lingüísticas a organismos públicos para o fomento desta lingua sen necesidade de que llo pidan, así como xestionar a convocatoria de axudas aos medios de comunicación.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Beasain dará axudas a quen estudou éuscaro no curso 2010-2011 e neste verán

As persoas que recibiron clases de éuscaro no curso 2010-11 ou tamén as que o veñen facendo durante os meses de verán de 2011 poden solicitar as axudas para aprender éuscaro na oficina de Atención ao Cidadán.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Principado de Asturias promete desenvolver a actual Lei de uso do asturiano

O novo Goberno do Principado centrará a súa política lingüística en desenvolver a xa existente Lei de uso e promoción do asturiano. Así o indicou o director xeral de Política Lingüística, Alfredo Ignacio Álvarez Menéndez.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno vasco fomentará as liberacións para que os ertzainas estuden éuscaro

O Goberno vasco fomentara as liberacións parciais para o estudo do éuscaro co fin de incrementar o número de axentes que coñecen esta lingua. Na actualidade, 2760 ertzainas –o 34,5 % do total- teñen acreditado o coñecemento do éuscaro indicado no perfil lingüístico do seu posto de traballo.

Fonte: El Correo

País Vasco

A asociación Banais Bagara promove cursos de éuscaro para estranxeiros

Da man das profesoras Petra Elser e Arantxa Arrillaga, unha quincena de estranxeiros, residentes na comarca –principalmente de Nicaragua, Cuba e Senegal-, reúnense todas as fins de semana nos locais de Danok Kide para levar a cabo o proxecto ‘Aisa’ de aprendizaxe de éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Catorce centros escolares de Salamanca terán un intérprete de lingua de signos

O Consello de Goberno da Junta de Castilla y León aprobou un investimento de 495.658 euros para a contratación de 26 intérpretes de lingua de signos que traballarán, durante o próximo curso 2011-2012, cos alumnos e colexios da Comunidade que o soliciten.

Fonte: Salamanca 24 horas

Castela e León

A plataforma Pro Identidade rexeita a supresión do leonés nos documentos municipais do Concello de León

A Plataforma Rexional Pro Identidade Leonesa pediulle ao Concello de León que “en cumprimento da lexislación vixente” e para “non conculcar os dereitos dos leoneses que falen ou queiran aprender leonés”, manteña o seu uso na documentación do Consistorio dunha forma “bilingüe”, así como na páxina web da institución.

Fonte: Leonoticias

Castela e León

A Deputación de Lleida iniciará conversacións con Aragón para protexer o uso do catalán na Franxa

O presidente da Deputación de Lleida, Joan Reñé, avanzou que manterá conversas co Goberno aragonés para garantir que os cidadáns da Franxa "falen con absoluta normalidade" as tres linguas.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Valedor do Pobo da Comunidade Valenciana pídelles ás universidades públicas que oferten títulos en valenciano

O Síndic (Valedor do Pobo), José Cholbi, anima a todas as institucións académicas públicas, excepto á Universidade Jaume I de Castellón, a que constitúan comisións de política lingüística co obxectivo de impulsar a docencia en valenciano e a normalización lingüística en todas as titulacións.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A asociación a prol do éuscaro Aspaltza Euskara Elkartea organiza unha ludoteca infantil en Amurrio

A asociación a favor do éuscaro Aspaltza Euskara Elkartea de Amurrio organizou unha ludoteca infantil para o mes de setembro. A idea é que os menores se divirtan con diferentes xogos, ao tempo que se fomenta o uso da lingua vasca entre eles.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder