España

O Concello de Santander ensinará lingua de signos aos seus empregados

O Concello de Santander, en colaboración coa Asociación de Xordos de Santander e Cantabria, organizará cursos básicos de lingua de signos, preferentemente para os traballadores municipais que realizan tarefas de atención ao público.

Fonte: ABC

Cantabria

Aumentan as queixas dirixidas ao Goberno vasco a causa da vulneración de dereitos lingüísticos

As queixas tramitadas contra o Goberno vasco e as súas sociedades públicas con motivo da vulneración de dereitos lingüísticos aumentaron o pasado ano 2010 un 130 %. Concretamente, pasaron de ser 47 a 108.

Fonte: Deia

País Vasco

A Filmoteca Vasca restaura e edita en DVD as primeiras películas realizadas en éuscaro

A Filmoteca Vasca restaurou tres das primeiras películas realizadas en éuscaro, filmadas polo cineasta biscaíño Gotzon Elortza entre os anos 1959 e 1962, e supervisou a edición en DVD destas.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Cinco institutos andaluces ofertan este curso ‘Bachilbac’, a dobre titulación de Bacharelato español e francés

Un total de cinco institutos andaluces ofertan a partir deste curso a dobre titulación de Bacharelato español e francés, estudos que darán acceso ao alumnado a universidades tanto españolas como francesas.

Fonte: Europa Press

Andalucía

Ponse en marcha en Eibar unha nova edición do programa ‘Afariketan’ para fomentar o uso do éuscaro xogando

Os nenos eibarreses con idades comprendidas entre os 5 e 9 anos disporán, un ano máis, do programa ‘Afariketan’, que ofrece actividades lúdicas fóra do horario escolar para practicar o éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Internet ofrece cada vez máis marxe para a promoción da lingua española

As novas tecnoloxías, especialmente internet, ofrecen cada vez unha maior marxe de aproveitamento para a promoción da lingua española como un importante recurso económico a través do seu ensino para alumnos estranxeiros.

Fonte: ABC

Xeral

Un estudo da Universidade de Xirona conclúe que un alumno estranxeiro tarda seis anos en dominar o idioma coma un nativo

Dous investigadores da Universidade de Xirona avaliaron o coñecemento de catalán e castelán de 153 alumnos cuxa lingua materna é o árabe, 45 romaneses e 259 latinoamericanos de sexto de primaria (11-12 anos), procedentes de 52 escolas catalás. Así, conclúen que “os mellores resultados obtenos o alumnado que se escolarizou en catalán” entre os 3 e os 6 anos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares avala que se esixa o catalán para ser funcionario

O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares avalou o decreto aprobado polo Goberno anterior da comunidade, que esixía un alto nivel de coñecemento do catalán a todos os funcionarios públicos das illas.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Un estudo medirá o uso do éuscaro nas rúas de Llodio

Hai dez anos que non se mide o uso do éuscaro nas rúas de Llodio. No que queda deste ano e o próximo, realizarase un estudo pormenorizado para coñecer cantas persoas utilizan o éuscaro nas súas relacións cotiás.

Fonte: El Correo

País Vasco

As ikastolas fan unha defensa da inmersión lingüística en éuscaro

O presidente das ikastolas, Koldo Tellitu, avogou por lograr en Euskadi “consensos como o de Cataluña” para implantar a inmersión lingüística en éuscaro nas aulas vascas “no nome da cohesión social”.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder