España

Salamanca promoverá o ensino do español en Londres

A marca “Salamanca Cidade do Español” volverá estar presente na edición 2011 da principal feira do turismo idiomático, a London Language Show, que terá lugar do 21 ao 23 de outubro en Kensington.

Fonte: Europa Press

Castela e León

A Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas elaborou unha guía para comunicarse cos bebés

Unha guía da Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) explica como os adultos, especialmente os pais, poden ensinar os bebés preto de 200 xestos sinxelos da lingua de signos española para facilitar a comunicación antes de aprenderen a falar.

Fonte: Diario de Navarra

Xeral

Galicia e Castela e León impulsan o programa de ensino en galego nos centros educativos do Bierzo e de Sanabria

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu en Valladolid á reunión da comisión mixta de seguimento do Programa de Ensino en Galego no Bierzo e en Sanabria, na que se valorou a implantación desta iniciativa nos centros educativos destas dúas comarcas de Castela e León, situadas nos territorios limítrofes con Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Castela e León

Crean un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil

A Fundación Elhuyar elaborou un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil. Traduce palabras e frases do castelán ao éuscaro e está dirixido aos adultos que acoden ao País Vasco e queren ter unha conversa elemental cos vascoparlantes. A aplicación poderase descargar gratis desde o enderezo de internet moblang.eu.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Miles de persoas dan o seu apoio un ano máis ao éuscaro no Nafarroa Oinez, a festa das ikastolas de Navarra

Tafalla reuniu a miles de persoas no Nafarroa Oinez para dar un ano máis o seu apoio ao éuscaro na festa das ikastolas privadas.

Fonte: Diario Vasco

Navarra

Aumentan un 23 % as queixas relacionadas cos dereitos lingüísticos no País Vasco

Un total de 261 queixas motivadas pola percepción de que os seus dereitos lingüísticos estaban sendo vulnerados presentaron en 2010 os cidadáns vascos ante Elebide, o Servizo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Universidade Politécnica de Madrid presenta o primeiro dicionario español de informática para xordos signantes

Un equipo de investigadores da Universidade Politécnica de Madrid presentou o primeiro dicionario de informática español co obxectivo de converterse nunha axuda para a inclusión das persoas xordas e xordo-cegas que realicen estudos de enxeñerías ou desexen consultar unha ferramenta técnica.

Fonte: Europa Press

Madrid

As multas lingüísticas en Barcelona durante os seis primeiros meses do ano alcanzaron a cifra de 39 400 euros

Nos seis primeiros meses deste ano, a Consellería de Empresa e Emprego iniciou 502 requirimentos sancionadores por “vulneración dos dereitos lingüísticos” unicamente na cidade de Barcelona. Destes, 53 acabaron en sanción, por un importe total de 39 400 euros.

Fonte: La Voz de Barcelona

Cataluña

Mapfre abre unha nova canle para atender mediante cámara web en lingua de signos as persoas xordas e con discapacidade auditiva

Mapfre desenvolveu unha nova canle de comunicación para poder atender mediante unha cámara web en lingua de signos as persoas xordas e con discapacidade auditiva.

Fonte: Europa Press

Xeral

A Fundación Vinjoy edita un DVD con temas en lingua de signos

Os alumnos da Fundación Vinjoy, coa colaboración da Universidade de Oviedo, editaron un DVD musical en lingua de signos. Cancións para ver, nas que se mesturan a interpretación teatral coas letras signadas por estudantes.

Fonte: El Comercio

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder