España
O Goberno vasco regula o uso do éuscaro nas futuras canles de radio e televisión
O Goberno vasco aprobou un decreto sobre comunicación audiovisual que regula, entre outras cuestións, o peso que terá o éuscaro nas futuras emisións de radio e televisión que se abran a Euskadi.
Fonte: El Correo
Dominar polo menos unha lingua estranxeira aos 18 anos é o principal obxectivo do Goberno de Navarra
O conselleiro de Educación, José Iribas, expresou o obxectivo do Goberno de Navarra de que os estudantes da Comunidade Foral falen polo menos unha lingua estranxeira ao chegar ao 18 anos.
Fonte: Diario de Navarra
Organizan unha nova edición da campaña “Parla’m en valencià”
Esta campaña ten como obxectivo pór en contacto a persoas que queren lanzarse a falar valenciano con voluntarios que estean dispostos a destinar unha hora á semana para conversar con eles.
Fonte: Novelda Noticias
Denuncian un recorte do 40 % dos fondos para cultura e catalán en Baleares
O grupo parlamentario do PSM-IV-ExM denunciou que os orzamentos do Goberno para o próximo ano reflicten un descenso do 40 % dos fondos destinados á promoción da cultura e a lingua catalá.
Fonte: ABC
Tolosa acolle o Festival de Curtametraxes en Lingua de Signos
O festival, que celebra a súa segunda edición e está organizado pola asociación Gainditzen, está dirixido non só a persoas xordas, senón tamén a oíntes, e as proxeccións disporán de subtítulos en castelán.
Fonte: Diario Vasco
Escritores vascos fomentan a lectura en éuscaro entre os mozos biscaíños
Un programa de actividades, no que participarán 84 escritores vascos, tratará de potenciar a afección e o hábito de lectura en éuscaro entre os máis novos, nunha iniciativa impulsada pola Deputación Foral de Biscaia.
Fonte: ABC
O Goberno español achega 60 000 euros para a formación en catalán do persoal da Administración estatal en Baleares
O Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) achegará este ano unha cantidade de 60 000 euros para actuacións relacionadas coa promoción do coñecemento da lingua catalá do persoal da Administración Xeral do Estado destinada en Baleares.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Benestar Social da Generalitat de Catalunya aposta polo catalán como elemento de cohesión social
O conselleiro de Benestar Social e Familia da Generalitat de Catalunya, Josep Lluís Cleries, apostou por priorizar o ensino do catalán aos inmigrantes para favorecer a cohesión social e garantir unha rápida incorporación na sociedade.
Fonte: La Vanguardia
O Instituto Etxepare terá máis fondos para difundir a lingua e a cultura vascas
Segundo o anteproxecto de orzamentos para 2012, a entidade encargada de difundir a cultura vasca e o éuscaro no mundo terá o ano que vén un orzamento de 2,8 millóns de euros.
Fonte: Diario vasco
As persoas xordas de Aragón disporán de intérprete de lingua de signos as 24 horas en fins de semana e festivos
As persoas xordas de Aragón disporán de intérprete de lingua de signos española as 24 horas durante as fins de semana e os festivos. A asociación Aragón Accesible reanuda así o Móbil de Urxencias de Intérpretes que tivo que suspenderse en 2009 polos recortes económicos.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín