España
A Asociación de Traballadores da Normalización Lingüística alerta de que non se resolveron as subvencións de apoio ao asturiano
A Asociación de Traballadores da Normalización Lingüística mostrou a súa preocupación coa “tranquilidade” que está tendo o Goberno asturiano para resolver subvencións de asociacións, empresas e particulares para a normalización social do asturiano. Advirte que se non se tramitan antes do 30 de novembro, estas cantidades poderían perderse, cando xa hai entidades que fixeron investimentos para quen solicitou estes apoios.
Fonte: Europa Press
Inician unha campaña para que os camareiros estranxeiros atendan en catalán
A Plataforma pola Lingua e a Fundación Vincle iniciaron unha campaña para que os camareiros estranxeiros atendan en catalán aos clientes polo «dereito dos consumidores a ser atendidos na súa lingua, tal como marca a lexislación vixente».
Fonte: La Razón
O mercado da localidade castellonenca de Onda promove o valenciano na compra
Os comerciantes do mercado de Onda repartiron máis dun millar de bolsas reutilizables que tiñan impresas palabras relacionadas co vocabulario típico que se utiliza na compra, promocionando desta forma o valenciano entre todos aqueles clientes que realizaran unha compra por valor de dez euros ou máis.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Cen escolares xordos da Rexión de Murcia non terán este curso intérpretes de lingua de signos
Os case cen nenos e adolescentes con discapacidade auditiva que viven na Rexión de Murcia cumpren estes días un mes de clases sen o apoio dos intérpretes de lingua de signos porque a Consellería de Educación non pagou as subvencións para contratalos.
Fonte: La Verdad
O Consorcio de Transportes de Madrid incorpora un sistema de vídeo en lingua de signos
O Consorcio de Transportes de Madrid incorporou un sistema de atención ao público en lingua de signos que poderán utilizar os 18.512 madrileños con algún grao de discapacidade auditiva e que actualmente está instalado en fase de probas na sede deste organismo.
Fonte: ABC
Pouco máis de dez centros concertados solicitaron acollerse ao Plan de bilingüismo da Junta de Andalucía
Pouco máis dunha decena de centros concertados solicitaron ata o de agora á Consellería de Educación acollerse ao Plan de fomento do plurilingüismo desde que o pasado mes de xullo se lles ofreceu esta posibilidade aos centros de titularidade privada.
Fonte: Europa Press
A xustiza catalá dita unha sentenza en catalán por cada seis en castelán
A xustiza catalá ditou, ao longo de 2010, seis veces máis sentenzas en castelán ca en catalán, 221.000 fronte a 37.000 aproximadamente, unha cifra similar á que se rexistrara no ano anterior.
Fonte: La Vanguardia
A Academia de Linguas Bíblicas de Valencia organiza cursos de linguas mortas
Na era do Twitter e os seus 140 caracteres aínda quedan 80 románticos en Valencia que se apaixonan polas linguas mortas. Comezaron o curso na academia das linguas bíblicas. O acadio, con 4800 anos, é este ano a novidade.
Fonte: Levante-emv
O Goberno de Cataluña impulsa un plan para que o catalán sexa vehicular na xustiza
As consellerías de Cultura e Xustiza e o consello dos Colexios de Avogados de Cataluña (Cicac) asinaron un anexo ao acordo de colaboración entre as mesmas partes de 2008, que pretende impulsar o catalán coma lingua de preferencia no ámbito xudicial e, especialmente, entre os avogados.
Fonte: La Razón
As ‘I Xornadas do futuro en español’ analizarán a evolución do idioma nas novas tecnoloxías
A Rioxa acollerá as ‘I Xornadas do futuro en español’, un encontro no que se analizará a evolución do idioma en relación coas novas tecnoloxías, pero tamén o futuro da lingua española, que é a terceira máis utilizada pola rede e cuxo uso experimentou un incremento do 619 por cento nos últimos nove anos.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín