España

Editan material de alfabetización en catalán para inmigrantes

O conselleiro de Benestar Social e Familia da Generalitat, Josep Lluís Cleries, e o director xeral da Fundación La Caixa, Jaume Lamaspa, presentaron este material pedagóxico ás entidades que se dedican á formación e alfabetización de inmigrantes.

Fonte: ABC

Cataluña

Nove localidades navarras ofertan o programa 3Blai co obxectivo de promover o éuscaro entre os rapaces

“Relacionar o éuscaro con pasalo ben, que os nenos e mozos non asocien esta lingua só co ámbito académico". Este é o obxectivo do programa 3Blai, unha aposta que comparten nove concellos de toda Navarra.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Os directores de escolas de Primaria súmanse ao apoio á inmersión lingüística

Nun comunicado, os directores consideran que nas escolas públicas de Cataluña “non hai, nin houbo ata agora, ningún problema respecto ao ensino-aprendizaxe da lingua catalá e da lingua castelá”.

Fonte: ABC

Cataluña

O Congreso debate unha iniciativa para que as canles autonómicas se vexan noutras comunidades coa mesma lingua

O Pleno do Congreso debate a toma en consideración dunha iniciativa cidadá que pretende que as canles de televisión autonómicas se poidan ver nas comunidades onde se comparta a mesma lingua.

Fonte: Diario Siglo XXI

Xeral

Nace Arredol, o primeiro diario dixital xeneralista en lingua aragonesa

Gran salto da lingua aragonesa ao mundo dixital. Proximamente, o idioma propio de Aragón contará co seu primeiro diario dixital, Arredol, grazas a un núcleo de impulsores que soubo tecer unha rede de colaboradores.

Fonte: Món Divers

Aragón

O Congreso dos Deputados apoia o modelo lingüístico de Cataluña

O Congreso dos Deputados emitiu unha mensaxe de apoio ao modelo lingüístico de Cataluña, contido nunha iniciativa de ERC que contou co apoio de todos os grupos parlamentarios excepto o PP.

Fonte: RTVE

Xeral

Os bebés distinguen antes o francés do inglés que o castelán do catalán

Os bebés acabados de nacer son capaces de distinguir algúns pares de idiomas coma o inglés e o francés ou o xaponés e o inglés, mentres que no caso do catalán e o castelán non é ata os catro meses cando comezan a diferenciar as dúas linguas.

Fonte: ABC

Xeral

A Universidade de Zaragoza impartirá por primeira vez na historia Filoloxía Aragonesa

A Facultade de Ciencias Humanas e da Educación de Huesca superou a decena de alumnos para a posta en marcha, por primeira vez na Universidade de Zaragoza, do Diploma de Especialización en Lingua Aragonesa, polo que pasará a impartirse este curso 2011-2012.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña paraliza o seu ultimato sobre a inmersión en catalán

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña provocou a sorpresa novamente ao suspender o prazo de dous meses imposto á Generalitat para aplicar a sentenza do Tribunal Supremo sobre a equiparación do castelán como lingua vehicular do ensino obrigatorio.

Fonte: Público

Cataluña

Llodio evocará na festa do éuscaro a ancestral presenza desta lingua na localidade

O día do éuscaro celebrarase en Llodio o próximo 24 de setembro cunha festa que cambiou de data en 2007 e que lembra a presenza ancestral desta lingua na segunda localidade alavesa.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder