España
O Goberno vasco aproba a concesión de 230.000 euros en axudas ás Euskal Etxeak polos cursos de éuscaro 2011/2012
O Consello de Goberno do Executivo vasco aprobou a regulación da concesión de axudas económicas aos Centros Vascos-Euskal Etxeak polos cursos de éuscaro correspondentes ao período comprendido entre outubro de 2011 e setembro de 2012, por un importe total de 230.000 euros.
Fonte: Europa Press
O partido Foro Asturias reclama un maior orzamento para a normalización do asturiano en Siero
O portavoz do partido Foro Asturias de Siero, Eduardo Martínez Llosa, pediulle ao Concello un orzamento maior para a rotulación toponímica, para a que este ano se conta cunha subvención do Goberno de Asturias de 1892 euros.
Fonte: Asturnews
A Universidade de León iniciou un novo curso de español para 120 estranxeiros
A Universidade de León iniciou o seu «Curso de preparación de lingua e cultura españolas» no que preto de 120 alumnos estranxeiros que estudarán este ano no centro mellorarán a súa comprensión do castelán.
Fonte: Diario de León
O 68,5 % dos estudantes de éuscaro en Áraba son mulleres
Segundo datos achegados polo Instituto vasco de Estatística, Eustat, as mulleres copan o 68,5 % do total das matrículas realizadas na provincia de Áraba, onde o número de alumnos nos euskaltegis se corresponde co 16,1 % do total das matrículas do País Vasco.
Fonte: Noticias de Álava
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obriga a que o castelán sexa lingua vehicular do ensino
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ditou un acto no que establece un prazo de dous meses para que a Consellería de Ensino da Generalitat estableza as medidas necesarias para incluír o castelán "como lingua vehicular" no sistema educativo.
Fonte: Europa Press
O Goberno vasco destina 184.000 euros a fomentar o uso do éuscaro en actividades extraacadémicas
O Departamento vasco de Educación, Universidades e Investigación abriu o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas para fomentar o uso do éuscaro nas actividades extraacadémicas durante o curso 2011-2012.
Fonte: Europa Press
O nivel de castelán dos alumnos de Cataluña está na media do resto das comunidades
O nivel de lingua castelá dos alumnos de Cataluña sitúase na media de España a pesar de que os detractores da inmersión lingüística argumentan que o nivel dos alumnos cataláns é inferior.
Fonte: La Vanguardia
A asociación Faceira esíxelle á Junta de Castilla y León que o leonés sexa unha optativa no ensino regrado
A asociación solicita a adopción de actuacións de promoción cultural, a recuperación da toponimia autóctona así como unha protección eficaz do leonés.
Fonte: León Noticias
Este curso só o 0,046 % dos alumnos cataláns pide ensino en español
A titular de Ensino da Generalitat, Irene Rigau, revelou que só se presentaron 500 instancias que solicitan acollerse á escolarización en castelán para este curso, o que supón un 0,046 % do total de 1.082.135 alumnos censados no ensino obrigatorio.
Fonte: Público
Bilbao impulsa a inscrición nos euskaltegis para promover o éuscaro
Os centros de estudo do éuscaro son uns dos “instrumentos máis importantes” para a aprendizaxe, o uso e normalización do devandito idioma, informou nunha nota de prensa o Concello de Bilbao.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín