España
O Goberno vasco creará un rexistro unificado de títulos de éuscaro
O Goberno vasco creará a través dunha norma o Rexistro Unificado de Certificados e Títulos de Éuscaro (RUTCE) que expiden ou xestionan diferentes organismos e administracións.
Fonte: Diario Vasco
A Asociación de Xuristas polo Asturiano pídelle ao Goberno de Asturias a redacción bilingüe dos impresos da Administración
No seu escrito, dirixido ao presidente e ao conselleiro de Cultura, os xuristas fixan que este é o momento apropiado para facelo porque moitos deles deben prepararse para as novas competencias de consellerías, viceconsellerías e direccións xerais.
Fonte: Info Asturies
A cooficialidade do aranés en Cataluña está en perigo
Desde 2010, o occitano é lingua oficial en Cataluña xunto ao castelán e o catalán. Agora o goberno puxo en dúbida a constitucionalidade da medida.
Fonte: Suite 101
Castelló está á cabeza no uso de nomes en valenciano
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, entre os vinte nomes máis frecuentes nos varóns nacidos entre 2000 e 2009, só aparecen catro nomes exclusivamente en valenciano na provincia de Castelló (Marc, Pau, Àlex e Joan), tres en Valencia (Marc, Pau e Joan, nos postos 14, 15 e 19) e ningún en Alacant.
Fonte: Levante-emv
Un de cada cinco vascos utiliza internet en éuscaro e inglés
Un de cada cinco vascos de 15 ou máis anos que utiliza internet faino en éuscaro e inglés, segundo datos do Eustat correspondentes ao primeiro trimestre do ano.
Fonte: Europa Press
A convocatoria de guías turísticos da Comunidade Valenciana inclúe a lingua de signos como idioma de habilitación
A Consellería de Turismo, Cultura e Deporte habilitou a 200 novos guías de turismo da Comunidade Valenciana e 14 guías profesionais que xa estaban habilitados puideron ampliar os seus idiomas, informou este departamento, que destacou que, por primeira vez a convocatoria incluíu a lingua de signos como idioma de habilitación, recalcaron.
Fonte: La Vanguardia
A Academia da Lingua Asturiana «condena a marxinación do asturiano» no Concello de Noreña
A Academia da Lingua Asturiana mostrou o seu malestar coa decisión do alcalde de Noreña de retirar da orde do día do Pleno unha moción do grupo político Conceyu Abiertu por estar redactada en asturiano.
Fonte: La Nueva España
O Instituto Etxepare leva o éuscaro a universidades de 12 países
O Instituto Etxepare estendeu o programa de difusión do éuscaro e da cultura vasca a universidades de 12 países –Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Alemaña e, fundamentalmente, de América Latina- a través dun programa de lectorados.
Fonte: El País
Os bebés balbucían de forma distinta no contorno en éuscaro que no castelán
Isto é o que reflicten os resultados preliminares dun estudo sobre a adquisición da linguaxe en bebés que se está realizando no Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL).
Fonte: Diario Vasco
A metade dos aspirantes estranxeiros a taxista en Barcelona non pasa o exame de lingua
O 47,5% dos 697 estranxeiros que aspiraban á credencial non pasa o nivel básico dunha proba que se pode facer en catalán ou castelán.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín