España

A Fundación CCM achega a lingua inglesa aos mozos de Castela-A Mancha

Un total de 876 nenos e mozos castelanmanchegos aprenderán inglés este verán cos cursos «Speak English» que ofrece a Fundación Caixa Castela-A Mancha en Irlanda, Canada e España. Trátase dun programa consolidado que conta coa colaboración do Banco CCM.

Fonte: ABC

Castela-A Mancha

A defensa da Lei de uso do valenciano ante Europa aglutina máis apoios

O polémico borrador do decreto do Goberno valenciano foi denunciado por diversas entidades culturais ante expertos do Consello de Europa por considerar que favorece un “uso irregular” da lingua minoritaria e “incumpre” a Carta Europa das Linguas Rexionais e Minoritarias.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua edita un vocabulario económico

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) presentou un vocabulario económico que conta con máis de 5.000 termos e as súas correspondentes definicións.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A Generalitat de Catalunya destina 80.000 euros a promover as teses de doutoramento en catalán

A Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat de Catalunya, a través da Axencia de Xestión de Axudas Universitarias e de Investigación (Agaur), destinará 80.000 euros a uns 160 doutorandos que defenderan a súa tese en catalán durante 2010.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Case mil estudantes Erasmus queren facer cursos de catalán gratis

O secretario executivo da Xarxa Vives, Ignasi Casadesús, informou nunha rolda de prensa en Barcelona de que os 957 estudantes que pediron estudar catalán supoñen un incremento do 43 % respecto ao ano anterior.

Fonte: ABC

Cataluña

As grandes distribuidoras do cine volverán dobrar en catalán

Os distribuidores e a Consellería de Cultura selan a paz. Dobraranse ao catalán entre 35 e 40 títulos de éxito ao ano e o festival de Sitges volverá ter filmes de grandes estudios, tras o veto da última edición.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O 50 % dos ertzainas liberados acada o perfil de éuscaro do seu posto

Ata o pasado mes de xuño, o total de ertzainas que teñen acreditado o perfil lingüístico da súa dotación é de 2.760, é dicir, o 34,5 por cento do total.

Fonte: ABC

País Vasco

O Campus de Las Llamas inaugura esta semana a V edición do Máster ELE

O Campus de Las Llamas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) inaugurará a quinta edición do “Máster Universitario en Ensino do Español como Lingua Estranxeira".

Fonte: 20 minutos

Xeral

A web Rede contra a Violencia de Xénero ofrece información en lingua de signos

A información dispoñible, que se pode consultar no enderezo "www.rednoviolenciagex.com", está estruturada en varios bloques que dan resposta ás dúbidas máis frecuentes sobre a denuncia, a orde de protección e os recursos dispoñibles.

Fonte: ABC

Xeral

O Goberno subvenciona con dous millóns de euros a promoción do valenciano no cine

Así consta no convenio asinado entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), dependente do Goberno central, e o Instituto Valenciano do Audiovisual e a Cinematografía Ricardo Muñoz Suay (IVAC), dependente da Administración autonómica.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder