España
Euskaltzaindia publica a súa listaxe de nomes oficiais das vilas vascas

Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca, presentou o seu “Euskal Herriko Udalen Izendegia” (Nomenclátor de municipios de Euskal Herria), que inclúe as denominacións das vilas de todos os territorios do éuscaro: Comunidade Autónoma de Euskadi, Navarra e Iparralde.
Fonte: Diario Vasco
A Universidade de Alcalá de Henares impartirá unha materia sobre lingua e cultura xitanas
A Universidade de Alcalá de Henares (UAH) será a primeira universidade de España en impartir unha materia sobre lingua e cultura xitanas, segundo informou o centro nun comunicado.
Fonte: Europa Press
O Campus de Las Llamas inicia os seus cursos de español para estudantes de todo o mundo
O Campus de Las Llamas da Universidade Menéndez Pelayo (UIMP) reabre as súas portas aos estudantes de español de todo o mundo que, durante os meses de verán, mellorarán os seus coñecementos en lingua e cultura españolas, coñecerán a comunidade cántabra e participarán en talleres prácticos.
Fonte: Europa Press
Aumenta o número de usuarios que emprega as TIC en éuscaro
O número de usuarios que emprega as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na lingua vasca duplicouse nos dez últimos anos, acadando os 200.000 internautas. A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, presentou no Parlamento vasco o informe EPBN: Indicadores sobre a situación e evolución do éuscaro.
Fonte: El País
Microsoft adapta tres novos produtos de software ao éuscaro
A partir de agora as ferramentas Office 2010, Sharepoint 2010, Dynamics CRM 2011 e CRM Online estarán dispoñibles en éuscaro e poderanse descargar desde as webs www.microsoft.es/eus e www.euskara.euskadi.net/euakara_soft.
Fonte: ABC
O Centro Cultural Hispano-Xaponés ofrecerá clases de lingua e cultura xaponesas para nenos
O Centro Cultural Hispano-Xaponés da Universidade de Salamanca impartirá o curso que vén clases de lingua e cultura xaponesas para nenos de 7 a 12 anos. Estas clases terán unha periodicidade semanal e desenvolveranse entre o 3 de outubro de 2011 e o 25 de maio de 2012.
Fonte: Salamanca24horas.com
O PSOE andaluz rexeita que haxa intérpretes de lingua de signos nos centros hospitalarios
A Comisión de Igualdade e Benestar Social debateu unha proposición non de lei na que se instaba o Goberno andaluz a "ter intérpretes de lingua de signos a disposición dos usuarios que o requirisen, nos centros hospitalarios, nos museos e monumentos que dependen da Administración pública".
Fonte: Redacción Médica
Centenares de rexedores e rexedoras prometen impulsar o ensino en valenciano na súa toma de posesión
Nunha nova iniciativa en favor do valenciano, centos de rexedores e rexedoras de todas as comarcas incluíron unha frase en defensa do ensino nesta lingua nas súas tomas de posesión.
Fonte: Escola Valenciana
A Universidade de Oviedo edita un manuscrito coa tradución máis antiga do Corán a unha lingua europea
O libro, que foi editado pola Biblioteca Arabo-Románica e Islámica da Universidade de Oviedo co patrocinio do Grupo Cajastur, contén un estudo pormenorizado do manuscrito, que supón a única tradución completa conservada do Corán do árabe ao español das épocas mudéxar e morisca, segundo explicou Consuelo López-Morillas.
Fonte: ABC
O Parlamento vasco rexeita "as medidas sancionadoras e coercitivas no ámbito lingüístico"
O Parlamento vasco reafirmouse na necesidade de "eliminar as medidas coercitivas e sancionadoras no ámbito lingüístico", un pronunciamento que se produce un día despois de que os socialistas rexistrasen unha iniciativa para suprimir definitivamente as sancións ás empresas que non rotulen e atendan en éuscaro.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín