España
Un videoxogo facilitaralle á mocidade aprender éuscaro
Un cóctel de música e videoxogos facilitaralles a aprendizaxe do éuscaro aos mozos da comarca de Getxo de entre 16 e 25 anos. Esa combinación efectuouna a antropóloga australiana Philippa Bar, gañadora do concurso de ideas ao que presentou esa proposta que agora está en fase de elaboración e concluirá para xaneiro de 2012.
Fonte: El Correo
Asturias aposta polo chinés como segunda lingua na educación
O candidato á presidencia do Principado por Foro Asturias, Francisco Álvarez Cascos, presentou unha serie de propostas para renovar o sistema educativo asturiano que introducirá a novidade do estudo do chinés xunto co castelán e o inglés.
Fonte: El Economista
A Escola de Tradutores de Toledo imparte un curso pioneiro sobre hebreo moderno
Esta iniciativa consolida a aposta da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) polo ensino desta lingua, e que se verá reforzada coa celebración do curso “Introdución á literatura hebrea a partir dos textos”, que se impartirá entre setembro de 2011 e xuño de 2012.
Fonte: ABC
Profesores da Universidade de Valencia reclaman unha posición institucional sobre o trilingüismo
A petición de declaración institucional indica que "as liñas en valenciano son o resultado democrático da reivindicación de pais, mestres e alumnos do dereito a un ensino e unha aprendizaxe en valenciano".
Fonte: Levante
O Senado pide fomentar a versión orixinal e as linguas cooficiais no cine
O Senado acordou, coa única oposición do PP, apoiar unha moción presentada polo PSOE na que se insta o Goberno a tomar medidas para garantir o dereito dos cidadáns a acceder aos contidos cinematográficos e audiovisuais no idioma que prefiran.
Fonte: El País
Case a metade dos alumnos da Escola Xudicial están interesados en recibir clases de catalán, galego ou éuscaro
O 65,2 por cento dos alumnos que ingresaron na Escola Xudicial son mulleres e o 46,08 por cento están interesados en recibir clases dalgunha lingua cooficial, case a metade deles de catalán.
Fonte: Galicia Hoxe
A Confederación de Comercio de Cataluña premiará a mellor iniciativa lingüística para promover o catalán no sector
A Confederación de Comercio de Cataluña (CCC) convoca "O premio CCC á mellor iniciativa lingüística do sector comercial' co obxectivo de contribuír á promoción do uso da lingua catalá no sector do comercio, os servizos e o turismo en Cataluña.
Fonte: Òmnium
A obra “Antígona en Mérida” foi representada en lingua de signos
Unha intérprete de lingua de signos da Asociación Musorex traduciu desde a escena os diálogos e diferentes pasaxes desta obra, escrita por Miguel Murillo e ambientada na Mérida de 1936.
Fonte: ABC
Os campus de Asturias ofrecen cursos de asturiano organizados pola Universidade de Oviedo
Estes cursos, de nivel A1 de asturiano, contan con 20 prazas e celebraranse en Xixón, Oviedo e Avilés. Dirixidos a maiores de 17 anos, teñen un prezo de 320 euros.
Fonte: Asturnews
Ermua organiza unha nova edición do concurso de postais en éuscaro
Trátase dun concurso de postais en éuscaro cuxo obxectivo é o de animar a poboación para que utilice este idioma nas comunicacións informais e escritas. Por isto, a convocatoria busca que os ermuarras que o desexen envíen unha postal escrita en éuscaro desde os seus lugares de veraneo ou descanso.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín