España
Unha vintena de persoas falan o idioma esperanto en Castela-A Mancha
Segundo a Asociación Manchega de Esperanto, preto dunha vintena de persoas falan este idioma en Castela-A Mancha. Este idioma foi creado polo doutor Lázaro Zamenhof, quen publicou o seu primeiro manual en 1887, coa intención de convertelo en idioma internacional que servise como segunda lingua para toda a humanidade.
Fonte: Europa Press
Enxeñeiros da Universidade Politécnica de Madrid presentan un dicionario informático en lingua de signos
Este dicionario técnico traduce ao redor de 700 termos informáticos á lingua de signos española.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno vasco reduce as subvencións institucionais para fomentar o éuscaro a causa da crise
As principais subvencións concedidas para a promoción do éuscaro, que proceden das arcas do Goberno vasco, sufriron un significativo recorte do 4,3 % desde o pasado ano 2009, ata situarse nos 12,53 millóns de euros que prevén repartirse ao longo deste exercicio.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O 90 % dos donostiarras menores de 25 anos é euscaldún ou cuasi-euscaldún
O Concello de San Sebastián destacou que o número de falantes de éuscaro aumenta progresivamente na cidade, de forma que o 40,35 por cento dos donostiarras é euscaldún e o 26,62 por cento é cuasi-euscaldún. Entre os mozos menores de 25 anos, os euscaldúns e cuasi-euscaldúns chegan ao 90 por cento.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Fundación Círculo Balear pide que se dobren as series e películas á variedade lingüística das Illas Baleares
A Fundación Círculo Balear (FNCB) mostrouse partidaria de impulsar no ente público de Radiotelevisión das Illas Baleares a dobraxe de series e películas na “lingua balear”.
Fonte: Diario de Ibiza
Os políticos españois suspenden en idiomas e novas tecnoloxías
Os líderes dos grandes partidos non teñen coñecementos de inglés nin francés, nin utilizan as redes sociais para estar en contacto directo cos cidadáns.
Fonte: Diario de Sevilla
Os alumnos de ESO de Eivisa e Formentera perden nivel de castelán, catalán e inglés
Os estudantes de Eivisa e Formentera de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do curso 2009/2010 saben menos lingua castelá e catalá e inglés que os seus compañeiros da promoción anterior, segundo un informe que realizou o Instituto de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo da Consellería balear de Educación e Cultura.
Fonte: Diario de Ibiza
Bilbao inicia unha campaña para que os pais se apunten a escolas de éuscaro
Baixo o lema “Éuscaro tamén na casa”, esta campaña ten como finalidade que os pais se apunten ás diversas escolas de éuscaro de Bilbao para que adquiran un coñecemento “suficiente” do idioma, e poidan así comunicarse cos seus fillos nesta lingua.
Fonte: ABC
O Goberno do Principado de Asturias aposta pola «normalización do asturiano»
O director xeral de Política Lingüística do Principado de Asturias, Alfredo Ignacio Álvarez, avogou pola realización dunha política que contribúa á «normalización social» da lingua asturiana, que xa forma parte da cultura da rexión de forma «viva pero, á vez, fráxil».
Fonte: La Nueva España
Presentan a campaña para obter o permiso de conducir en éuscaro
O CD que recolle o libro sobre a normativa de tráfico, o programa multimedia e os tests están nas autoescolas desde o ano pasado. Agora distribuíronse outros soportes en diversos municipios, autoescolas, centros escolares e oficinas de información xuvenís.
Fonte: Euskara
Boletín
Subscríbase ao boletín