España

O Consello Escolar do País Vasco avala que o alumnado en éuscaro non necesite acreditar perfil lingüístico

O Consello Escolar de Euskadi deu o visto e prace ao decreto do Goberno vasco no que se establece que os alumnos que estuden máis do 50 % das materias en éuscaro quedarán exentos de acreditar títulos sobre o coñecemento desa lingua nos procesos de selección da Administración pública.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Fundación Elhuyar pon en marcha cinco dicionarios para móbiles

Coincidindo co Día Europeo das Linguas, a Fundación Elhuyar presentou a versión para móbil de cinco dos seus dicionarios.

Fonte: EITB

País Vasco

A Generalitat, o Gremio de Empresarios de Cines de Cataluña e Fedicine acordan incrementar o cine en catalán

O Departamento de Cultura, o Gremio de Empresarios de Cine de Cataluña e a Federación de Distribuidores Cinematográficos Fedicine presentaron o acordo ao que chegaron as tres institucións para incrementar a presenza da lingua catalá nas pantallas de cine.

Fonte: Cine y Tele

Cataluña

Os consellos asesores de RTVE e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais defenden a normalización do catalán

Os consellos asesores de Radio Televisión Española (RTVE) en Cataluña e da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) defenderon que os medios públicos sexan un instrumento de normalización lingüística do catalán.

Fonte: El Correo

Cataluña

O conselleiro asturiano de Cultura anuncia un Plan de normalización 2012-2015 para a lingua asturiana

Na súa comparecencia ante o Parlamento asturiano, na que fixo un repaso dos feitos que van marcar a súa política, o conselleiro anunciou que o Goberno asturiano desenvolverá a Lei de uso e iniciará un Plan de normalización.

Fonte: Asturies.com

Asturias

“Pa negre” será a primeira película en catalán en representar a España nos Óscar

A película “Pa negre”, de Agustí Villaronga, foi seleccionada pola Academia de Cine para representar a España na categoría de mellor película de fala non inglesa na 84 edición dos Óscar, converténdose na primeira película rodada en catalán en logralo.

Fonte: Agencia EFE

Xeral

Castela e León colócase no mercado do turismo idiomático

A conselleira de Cultura e Turismo de Castela e León mantivo unha reunión de traballo cos máximos representantes dunha ducia de turoperadores e axencias especializadas en turismo idiomático de sete mercados internacionais co obxectivo de promover Castela e León como destino de aprendizaxe do español.

Fonte: Expreso

Castela e León

O Goberno vasco descarta multar os comercios que non utilicen o éuscaro

O Goberno vasco insiste en que non multará os comercios que non utilicen o éuscaro. Así o fixo saber a viceconselleira de Política Lingüística ás asociacións de consumidores e empresarios nunha reunión mantida en Vitoria.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Instituto HABE destina 230.000 euros aos centros vascos para ensinar éuscaro

O Instituto de Euscaldunización e Alfabetización (HABE) destinará 230.000 euros aos centros vascos-euskal etxeak para impartir cursos de éuscaro a adultos entre 2011 e 2012.

Fonte: ADN

País Vasco

Os inmigrantes de Andoain aprenden éuscaro

Inmigrantes de Portugal, Marrocos, Paquistán, Latinoamérica, e de países europeos, xunto con xente nacida en Euskadi ou noutras comunidades e que non saben falar éuscaro, reúnense desde hai un ano os venres, no bar do club de xubilados, para aprender éuscaro dunha forma amena e divertida, sen facer exercicios, aprendendo a estrutura das frases e practicando conversas de vida cotiá.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder