España

Crean unha web que axuda a conxugar o verbo en éuscaro

A aplicación está destinada a persoas que están aprendendo éuscaro, así como a tradutores, escritores, profesores ou estudantes, que busquen a máxima corrección nos seus textos, segundo informou Ideateca.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Tres partidos políticos de Cataluña únense para pedir que o catalán sexa lingua oficial na Unión Europea

Os eurodeputados de CiU, ERC e ICV uníronse para presentar unha emenda conxunta que pide a oficialidade do catalán na UE aproveitando a revisión dos tratados debido á próxima adhesión de Croacia.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno de Aragón suprime un plan escolar de catalán que apenas tiña custo

Máis de 15 000 alumnos aragoneses quedarán este ano sen o plan de animación cultural en catalán Jesús Moncada despois de que o Goberno de Aragón decidira suprimilo.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Foro Asturias quere “sacar o asturiano do fogar” para darlle prestixio

Nun comunicado, o partido Foro Asturias lembra o seu apoio “ao desenvolvemento da Lei de uso e promoción do bable” e o seu compromiso para “recuperar a dignidade do idioma como medio de comunicación”.

Fonte: Asturnews

Asturias

Os Gobernos catalán e balear confirman a súa intención de seguir traballando xuntos no Instituto Ramón Llull

Os Gobernos balear e catalán confirmaron a súa intención de seguir traballando conxuntamente no seo do Instituto Ramón Llull (IRL), co obxectivo de impulsar o coñecemento no exterior e o fomento interno da cultura e a lingua catalás que comparten ambos os territorios.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

A Fundación Lilly entrega os Premios Medes 2011 de promoción do español no ámbito científico

A Fundación Lilly entregou os Premios MEDES 2011 nas súas dúas categorías: “Mellor iniciativa que fomente o uso do idioma español na divulgación do coñecemento científico” e “Mellor institución ou entidade destacada na promoción e difusión da publicación médica en español”.

Fonte: Compromisorse

Xeral

A partir de agora os nacementos en Soraluze poderán rexistrarse en éuscaro

O Xulgado de Paz de Soraluze permite, a partir de agora, inscribir en éuscaro os nacementos, matrimonios e decesos, grazas a unha mellora introducida no sistema Inforeg e á aplicación da Lei 12/2005 de 22 de xuño.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Recóllense sinaturas para que as linguas da zona oriental de Aragón sexan consideradas Ben de Interese Cultural

A plataforma aragonesa “Non Falamos Catalán” iniciou unha recollida de sinaturas para que as modalidades lingüísticas da zona oriental de Aragón sexan declaradas Ben de Interese Cultural da comunidade na súa acepción de bens culturais inmateriais.

Fonte: Aragón Liberal

Aragón

Donostia acolle o novo Centro de Investigación do Éuscaro da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia)

Euskaltzaindia inaugurou o seu novo Centro de Investigación do Éuscaro Luis Villasante, que vai reunir todos os servizos e grupos de investigación que ten a Academia da Lingua Vasca en Guipúscoa.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Sindicato Asturiano do Ensino pide unha radiotelevisión que sirva para normalizar o asturiano

O sindicato asturiano do ensino SUATEA fixo unha declaración na que pedía “unha radiotelevisión para o Principado de Asturias” de calidade, ben xestionada e ao servizo das necesidades da sociedade e non de intereses partidistas. SUATEA entende que a RTPA debe ter un “importante valor educativo e cultural” e debe desempeñar un papel importante “no fomento e normalización da lingua e cultura asturianas”.

Fonte: Asturnews

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder