España

A Confederación Estatal de Persoas Xordas quere máis lingua de signos en escolas e televisións

A Confederación Estatal de Persoas Xordas pediu que os centros educativos, medios de comunicación e administracións públicas fagan máis presente nas súas tarefas diarias a lingua de signos, menos recoñecida, din, en España ca noutros países europeos como poden ser os nórdicos, onde a maioría dos informativos televisivos a empregan.

Fonte: Diario Siglo XXI

Xeral

A Plataforma pola Lingua Catalá denuncia que só o 6 % dos xoguetes está en catalán

Os datos recollidos pola ONG Plataforma pola Lingua Catalá indican que só hai 750 xoguetes no mercado que inclúan o catalán nas instrucións, a caixa, a embalaxe ou as características do xoguete, o que supón unha melloría con respecto a anos anteriores, aínda que só representan o 6 % da oferta total.

Fonte: ABC

Cataluña

Nace Filmazpit, un programa para difundir cine subtitulado en éuscaro

O Goberno vasco puxo en marcha o programa cinematográfico Filmazpit, destinado a facilitar a proxección de películas en versión orixinal con subtítulos en éuscaro.

Fonte: ABC

País Vasco

Nace en Navarra un certame para apoiar proxectos culturais en éuscaro

A Fundación Euskara Kultur Elkargoa presentou unha nova iniciativa, Gazteak plazara (Mocidade á praza), para fomentar a posta en marcha de actividades culturais vinculadas ao éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra edita un dicionario en castelán e éuscaro sobre termos educativos

O Goberno de Navarra elaborou un dicionario bilingüe castelán-éuscaro de termos educativos que inclúe máis de 12 000 entradas dobres con selección alfabética e temática, buscador por termo e selección de idioma da busca.

Fonte: ABC

Navarra

A Consellería balear de Educación aplicará a libre elección de lingua no ensino infantil

O conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Rafael Bosch, confirmou que a partir do próximo ano se comezará a aplicar en infantil a libre elección de lingua nos centros educativos, tal e como prevé a lei aínda que non se aplique.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Aumenta un 14 por cento o consumo de medios de comunicación en catalán

O consumo de medios de comunicación en catalán aumentou un 14,2 por cento no último ano, mentres que os medios en castelán están estancados, segundo os datos do Barómetro da Comunicación e da Cultura.

Fonte: ABC

Cataluña

O sábado 3 de decembro celébrase o Día Mundial do Éuscaro

O sábado 3 de decembro celébrase o Día Mundial do Éuscaro, unha iniciativa fundada en 1949 pola Sociedade de Estudos Vascos co obxecto de reivindicar o valor universal do éuscaro.

Fonte: Noticias de Madrid

País Vasco

Cataluña achégase á lingua e á literatura galegas a través da figura de Álvaro Cunqueiro

A celebración do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981), un dos grandes escritores da literatura galega, chega tamén a Cataluña. Faino a través da Universidade de Barcelona (UB) e do seu Centro de Estudos Galegos, que, para conmemorar esta data e difundir a lingua e a literatura galegas, organizou unha xornada sobre o escritor.

Fonte: Xunta de Galicia

Cataluña

O Goberno vasco asina un convenio co Centro Vasco de Madrid para asegurar o ensino e a aprendizaxe do éuscaro

A viceconselleira de Política Lingüística, Lurdes Auzmendi, asinou un convenio de colaboración co Centro Vasco de Madrid, co obxectivo de asegurar o ensino e a aprendizaxe do éuscaro na cidade.

Fonte: Qué!

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder