España

Barcelona reclama a Google Maps que use os nomes das rúas en catalán

Google Maps tomou unha tarefa ben particular nos mapas de Barcelona: traducir ao castelán os nomes das rúas e avenidas da cidade. As orixinais están en catalán, polo que o “re-bautizo” molestou ao Concello da Cidade Condal que non entende a razón (nin a necesidade) para realizar os cambios.

Fonte: Fayerwayer

Cataluña

Por primeira vez tramítase completamente en asturiano unha tese de doutoramento na Universidade de Oviedo

Trátase dunha tese de doutoramento redactada en asturiano e que puido facer todos os trámites desde o inicio, e por primeira vez, completamente en asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

Aumenta o número de falantes de catalán malia a numerosa inmigración

O catalán creceu en número de falantes nos últimos dez anos, en que a poboación aumentou un 20 % pola chegada de inmigrantes, segundo sinala o Informe sobre a Lingua Catalunya (2010).

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Un recital poético une as linguas galega, éuscara e catalá na Universidade do País Vasco

A Universidade do País Vasco acolleu un recital poético que une os idiomas galego, catalán e éuscaro. “A outra poesía” é o nome desta iniciativa que promoven os centros de estudos galego e catalán da universidade para difundir as linguas propias de Galicia e de Cataluña en Euskadi.

Fonte: Xunta de Galicia

País Vasco

O Supremo elimina a materia de Educación para a Cidadanía en inglés en Valencia

O Tribunal Supremo confirmou a anulación da orde da Generalitat valenciana pola que se establecía a impartición nesta comunidade da materia de Educación para a Cidadanía en lingua inglesa, así como a posibilidade de aprobar a materia mediante un traballo.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A mensaxe de Nadal do rei incorpora por primeira vez a lingua de signos española

A mensaxe de Nadal do rei incorpora por primeira vez na súa historia a xanela co intérprete de lingua de signos española na súa emisión por televisión, segundo informa o Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española.

Fonte: El Mundo

Xeral

O éuscaro consolídase na nova normativa audiovisual do País Vasco

Coa publicación do Decreto 231/2011, de 8 de novembro, sobre a comunicación audiovisual do País Vasco consolídase a presenza do éuscaro nos medios de comunicación social.

Fonte: Audiovisual Legal

País Vasco

O grupo parlamentario Compromís pide que o valenciano sexa recoñecido como lingua oficial da Unión Europea

O grupo parlamentario Compromís presentou unha proposición non de lei nas Cortes na que piden que o valenciano sexa recoñecido como lingua oficial da Unión Europea e aceptado polos Estados membros.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Euskadi e Navarra negocian a equiparación dos seus títulos de éuscaro

Os Gobernos de Euskadi e Navarra están analizando a sinatura dun convenio para colaborar no fomento do éuscaro que inclúa, entre outras disposicións, a equiparación dos títulos de éuscaro que expiden ambas as administracións.

Fonte: El País

Xeral

O número de alumnos que estuda inglés crece un 24 % en catro anos en Navarra

O interese dos pais por que os seus fillos aprendan inglés vai en aumento. E cada vez son máis as familias que optan por modelos lingüísticos de inmersión nesta lingua. De feito, nos últimos catro cursos, desde que se puxeron en marcha os programas plurilingües do Goberno de Navarra, o número de escolares matriculados creceu un 24 %.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder