España
Cantabria duplica o número de bolsas de auxiliares de inglés
O Goberno de Cantabria convocou dez bolsas, o dobre có ano pasado, e axudas económicas individuais destinadas ás persoas que desexen incorporarse como auxiliares de conversa en centros educativos de Cantabria.
Fonte: El Diario Montañés
O Ministerio de Educación convoca 14 000 bolsas para os cursos de inmersión en lingua inglesa
O Ministerio de Educación publicou no Boletín Oficial do Estado a convocatoria de bolsas 2012 para participar nos cursos de inmersión en lingua inglesa. Estes cursos están organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo entre o 5 de marzo e o 10 de decembro nas súas once sedes.
Fonte: Empresa exterior
O PNV pide esixir o éuscaro nas probas de ingreso á Ertzaintza
O PNV pediu que a futura lei da policía vasca estableza coma requirimento para presentarse ás probas de ingreso na Ertzaintza o coñecemento do éuscaro por parte dos aspirantes.
Fonte: ABC
O ano 2011 deixa un total de 23 discos en asturiano
Segundo o Anuario da Música Asturiana, realizado por Publicacións Ámbitu, as casas discográficas produciron, ao longo do ano 2011, un total de 23 discos en lingua asturiana, o que supón unha pequena subida con respecto a 2010, cando saíron ao mercado 22.
Fonte: Asturnews
A Consellería valenciana de Educación amplía un 15 % a formación en linguas estranxeiras do profesorado
A Consellería de Educación, Formación e Emprego ampliará a oferta de formación en linguas estranxeiras para os docentes da Comunidade Valenciana durante a segunda metade do curso para atender a crecente demanda do profesorado.
Fonte: ABC
A oferta de actividades lúdicas en éuscaro en Llodio prolongarase todo o ano
O Concello de Llodio ofrecerá ao longo de todo o ano actividades lúdicas en éuscaro para nenos e mozos a través dos programas Sorgin Zapatuak e Oxigeno Euskarari.
Fonte: El Correo
A Junta de Castela e León impulsa a educación bilingüe en francés entre alumnos e profesores
A Consellería de Educación impulsou o bilingüismo en francés en Castela e León, con formación específica para docentes, intercambio de alumnos e profesores e programas de mobilidade estudantil.
Fonte: ABC
O observatorio dos dereitos lingüísticos Behatokia rexistra na súa primeira década 8535 reclamacións
O observatorio dos dereitos lingüísticos Behatokia, creado por Kontseilua, cumpriu en 2011 dez anos. Fundado para velar polos dereitos dos falantes de éuscaro, Behatokia presentou recentemente en Bilbao un balance da última década (2001-2010) e resumiu que neste tempo a normalización do éuscaro non sufriu “grandes avances”. Durante estes anos, o observatorio tratou 9514 casos, dos que destacan as 8535 queixas rexistradas.
Fonte: Deia
O Tribunal Constitucional mantén en suspenso a lei autonómica do aranés
O Tribunal Constitucional decidiu manter en suspenso a lei autonómica do aranés, que pretende establecer como ‘preferente’ a lingua aranesa no Val de Aran (Lleida) aínda que na comarca existen tres linguas oficiais en igualdade de condicións.
Fonte: La Voz de Barcelona
Convócanse cinco concursos de éuscaro en Navarra
O Departamento de Educación convocou para o presente curso escolar cinco concursos en éuscaro co fin de fomentar a creatividade, a expresión e as competencias lingüísticas nesta lingua do alumnado navarro.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín