España
A Deputación de Áraba impulsa un ciclo de charlas de orientación para facilitar o plurilingüismo no fogar

A Deputación de Áraba impulsa un ciclo de charlas de orientación para «incidir na transmisión do idioma da familia e axudar os fillos a vivir o plurilingüismo como algo positivo e enriquecedor», así como «axudar ás familias a resolver as súas dúbidas ao respecto».
Fonte: El Correo
Unha vintena de consistorios de Navarra anima as familias a elixir un ensino en éuscaro
Houbo un novo impulso á matriculación no modelo D, esta vez da man dunha vintena de concellos, que presentaron a súa tradicional campaña en favor do ensino en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O escaso coñecemento da lingua inglesa entre os españois provoca a perda de oportunidades
O idioma inglés segue a ser a materia pendente española na diplomacia, o emprego, o turismo, o comercio, as finanzas e as relacións persoais. Só os rusos e os turcos están peor que os españois no coñecemento desa lingua.
Fonte: Diario de Navarra
Chega o primeiro conto interactivo para o iPad en éuscaro
O conto interactivo vasco Kili-Kili converteuse no primeiro libro infantil para terminais móbiles como iPad, iPhone e iPod Touch, que permite aos máis pequenos da casa comezar a coñecer as palabras en éuscaro.
Fonte: Va de juegos
O asturiano queda sen xornal en papel coa fin do semanario Les Noticies
A través dunha nota publicada na páxina web do semanario Les Noticies e na edición impresa, o único xornal en papel que existía en lingua asturiana di adeus, para quedar só en formato de diario dixital.
Fonte: Asturnews
A Generalitat de Catalunya crea unha tarxeta sanitaria en braille para persoas cegas

A Consellería de Saúde da Generalitat anunciou a creación dunha tarxeta sanitaria en braille pensada para persoas cegas, unha iniciativa que arranca cunha proba piloto que se prolongará durante o mes de febreiro.
Fonte: La Información
Un total de 12 centros educativos de Navarra sumarase á oferta de inglés como lingua vehicular no curso 2012-2013
Un total de doce centros educativos navarros sumarase no curso 2012-2013 aos 28 colexios que xa ofrecen o inglés coma lingua vehicular nos ciclos de Infantil e Primaria.
Fonte: El Economista
Pecha a radio en éuscaro Esa Erran pola “asfixia económica” do Goberno de Navarra
A radio Esan Erran Irratia, que emite desde hai 15 anos en lingua vasca en Navarra, viuse “obrigada a interromper a emisión”, deixando unha persoa no paro, como consecuencia dunha “decisión política adoptada hai xa moito tempo, dirixida a asfixiar proxectos en éuscaro”.
Fonte: Noticias de Navarra
O euskaltegi de Basauri promove o ensino da lingua vasca entre os inmigrantes
O Concello de Basauri considera que o éuscaro pode ser un importante elemento de integración para as persoas inmigrantes. Con este obxectivo, o euskaltegi municipal está impulsando un curso no que os alumnos poden iniciarse na lingua vasca á marxe da súa nacionalidade ou idioma.
Fonte: El Correo
Os ordenadores Mac xa teñen o sistema operativo en catalán
Apple liberou unha actualización do seu sistema operativo para ordenadores Mac OS X Lion, que permite utilizar o programa en catalán.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín