España
O Concello de Galdakao organiza un programa para que os mozos aprendan vocabulario e expresións informais en éuscaro
O Concello de Galdakao organizará nos centros educativos un programa de reforzo do éuscaro, no que os adolescentes aprenderán vocabulario e expresións informais relacionadas co enfado, ligar ou tomar o pelo, entre outros temas.
Fonte: ABC
O Consello de Linguas de Aragón convida a divulgar o aragonés e o catalán
O Consello Superior de Linguas de Aragón reivindicou a riqueza lingüística da comunidade autónoma e animou a defender e divulgar o aragonés e o catalán, que son linguas maternas de 90 000 falantes na rexión.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Generalitat de Catalunya impuxo máis de 200 multas a comercios por non rotular en catalán
A Generalitat de Catalunya impuxo durante o ano 2011 un total de 226 sancións a comercios ou empresas por incumprir a obriga de rotular ou etiquetar os seus produtos “como mínimo” en lingua catalá, de acordo co Código de Consumo e a Lei de normalización lingüística.
Fonte: e-noticies
O éuscaro, o galego, o catalán e o valenciano poderían deixar de falarse no Senado
O portavoz do PP no Senado asegurou que o seu partido suxerirá ao resto dos grupos da Cámara Alta se manteñen ou retiran a posibilidade de usar as linguas autonómicas nos Plenos.
Fonte: El Economista
A asociación N’Ast pide poder votar en asturiano nas eleccións do 25 de marzo
A asociación N’Ast solicitou formalmente á Xunta Electoral Provincial “que facilite a todos os asturianos exercer o seu dereito a votar en asturiano, emitindo as papeletas electorais de todas as candidaturas presentadas en lingua asturiana e distribuíndoas con normalidade nos colexios electorais".
Fonte: Asturnews
Os concellos das Illas Baleares poderán eximir os seus policías locais de coñecer o catalán
A lingua das illas non será necesaria para ser policía local, aínda que cada concello determinará o nivel de coñecemento que se debe ter dependendo do tipo de traballo de cada axente.
Fonte: Diario de Ibiza
Iniciativa polo Asturiano denuncia pasos atrás para o uso do asturiano en Oviedo
Iniciativa polo Asturiano denuncia un novo paso atrás no uso do asturiano por parte do concello de Oviedo.
Fonte: Infoasturies
Canal Sur celebra o Día de Andalucía en lingua de signos
Canal Sur retransmitirá o Día de Andalucía os actos institucionais que conmemoran a autonomía. Todos os actos serán interpretados á lingua de signos española.
Fonte: Diario Signo
Mozos baleares promoven un movemento en defensa do catalán
Mozos universitarios baleares promoveron o Moviment per la Llengua (Movemento pola Lingua), un grupo aberto á cidadanía, e un manifesto para defender o catalán en Baleares e para que siga sendo un requirimento para poder ser funcionario.
Fonte: e-notícies
Un hospital de Huelva utiliza a interpretación simultánea por teléfono para atender os pacientes
A área hospitalaria Juan Ramón Jiménez de Huelva dispón dun servizo de teletradución simultánea de linguas estranxeiras para que os usuarios de fala non hispana poidan comunicarse cos profesionais sanitarios e non sanitarios a fin de eliminar as posibles barreiras idiomáticas que se poidan producir na asistencia sanitaria.
Fonte: La Información
Boletín
Subscríbase ao boletín