España

A Confederación Estatal de Persoas Xordas crea unha web para facilitar o ensino da lingua de signos nos centros educativos

A CNSE, Confederación Estatal de Persoas Xordas, e a súa Fundación publicaron Actividades en LSE, unha páxina web bilingüe (lingua de signos española – castelán) cuxo obxectivo é facilitar o proceso de ensino e aprendizaxe da lingua de signos española nas etapas de Educación Infantil e Primaria.

Fonte: Solidaridad Digital

Xeral

Bilbao pon en marcha o programa ‘Eman Giltza’, co que informou a 2893 familias sobre o éuscaro en 2011

A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao puxo en marcha, unha edición máis, o programa ‘Eman Giltza’, a través do que o ano pasado informou a 2893 familias sobre a importancia da transmisión do éuscaro de xeración en xeración.

Fonte: Que

País Vasco

A industria da lingua do País Vasco representa un 7 % do sector en Europa e un 3 % da facturación mundial

A industria da lingua de Euskadi representa un 7 por cento do sector en Europa e un 3 por cento da facturación mundial, segundo deu a coñecer a Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco, Langune.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Unha asociación educativa promoverá a “insubmisión lingüística” ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña

A asociación Escola en Catalán anunciou que promoverá unha campaña de “insubmisión lingüística” fronte á interlocutoria do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) que prevía que o castelán fose tamén lingua vehicular no ensino.

Fonte: ABC

Cataluña

O Concello de Cáceres ofrece un servizo de interpretación de lingua de signos

O Concello de Cáceres, a través da Oficina de Accesibilidade localizada no Instituto Municipal de Asuntos Sociais, dispón dun servizo municipal de interpretación de lingua de signos española.

Fonte: Europa Press

Estremadura

Un colectivo de Noreña propón a regulación do uso do asturiano no concello

O colectivo Conceyu Abiertu por Noreña vén de anunciar a presentación dunha proposta de ordenanza municipal para o uso da lingua asturiana no concello.

Fonte: Info Asturies

Asturias

Os alumnos vascos melloran o seu rendemento en éuscaro e castelán

Os escolares vascos melloraron os seus resultados en éuscaro e castelán, segundo os datos recollidos na avaliación diagnóstica realizada a alumnos de cuarto de Primaria e segundo da ESO.

Fonte: El Correo

País Vasco

Un total de 150 municipios da Comunidade Valenciana cambia a súa denominación oficial ao valenciano

Un total de 150 municipios dos 542 que conforman a Comunidade Valenciana solicitou o cambio da súa denominación oficial pola forma exclusiva en valenciano, segundo informa a Generalitat.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A asociación Iniciativa polo Asturiano rexeita o recorte de fondos á Academia da Lingua Asturiana

Iniciativa polo Asturiano demostrou o seu rexeitamento ao recorte nos fondos que a Academia da Lingua Asturiana recibe do Goberno de Asturias. Así, consideran que un “recorte dun 40 % aos orzamentos da Academia da Lingua Asturiana é un ataque ao idioma asturiano”.

Fonte: Info Asturies

Asturias

A Confederación Nacional de Persoas Xordas lamenta o desequilibrio territorial no servizo de intérpretes de lingua de signos

A presidenta da Confederación Nacional de Persoas Xordas (CNSE en castelán), Concha Díaz, denunciou que existe un gran desequilibrio territorial nas comunidades autónomas á hora de ofrecer o servizo de intérpretes de lingua de signos na vida diaria.

Fonte: El Economista

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder