España
O Goberno español promoverá o "bilingüismo integrador" nas comunidades con dúas linguas oficiais
A vicepresidenta e portavoz do Goberno español, asegurou que “o goberno considera que o que se debe promover en todas as comunidades autónomas que teñen unha lingua oficial propia, ademais do castelán, é ese bilingüismo integrador e equilibrado que se practica na rúa”.
Fonte: e-noticies
Os durangarras optan por estudar éuscaro para mellorar na súa profesión
Nos tempos que corren, nos que acceder ao mercado laboral resulta do máis difícil, son moitos os que optan por seguir estudando. Así, en Durangaldea cada vez son máis os adultos que deciden mellorar o seu nivel de éuscaro, unha afirmación que os datos máis recentes se encargan de reflectir.
Fonte: Deia
A Deputación de Alacant e a Academia Valenciana da Lingua acordan a sinatura dun primeiro convenio marco
A Deputación de Alacant e a Academia Valenciana da Lingua traballarán conxuntamente na promoción e o impulso do valenciano.
Fonte: El Periodic
A Consellería de Educación convoca un certame artístico e literario en asturiano para escolares
A Consellería de Educación e Universidades e o Colexio Público “Horacio Fernández Iguanzo”, de La Foz de Morcín, crean o Certame artístico-literario Marcos Requejo en asturiano para escolares de educación primaria.
Fonte: Asturnews
O Ministerio de Fomento volve non respectar a toponimia oficial asturiana na autoestrada A-8
A asociación Xeira denuncia que non se respecta a legalidade toponímica no tramo Navia-Tapia da autoestrada A-8 aberto recentemente.
Fonte: Asturnews
O chinés mandarín chega aos centros públicos andaluces
O chinés mandarín comezou a impartirse de forma gratuíta este curso académico 2011/2012 coma materia optativa e en horario extraescolar en dez centros públicos andaluces.
Fonte: Andalucía Información
A tecnoloxía máis avanzada ponse ao servizo do éuscaro e as industrias da lingua
O consorcio BerbaTek presentou tres novas aplicacións. Trátase dun tradutor automático de documentais, un buscador semántico e unha ‘cibertitora’ para aprender idiomas.
Fonte: Diario Vasco
O Parlamento vasco veta as multas aos comercios polo éuscaro
A Cámara vota a proposta socialista para eliminar as sancións do decreto de dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios.
Fonte: El Correo
Centos de manifestantes esixen en Barcelona que o catalán sexa a única lingua vehicular nas escolas
Centos de manifestantes asistiron á concentración organizada pola Asociación Escola en Catalán para esixir que o catalán sexa a única lingua vehicular nas escolas de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
A empresa CAF recibe un premio pola súa promoción do éuscaro
A fábrica de Irún da empresa CAF acaba de recibir do Goberno vasco a certificación Bikain de Prata, un recoñecemento ao fomento do uso do éuscaro que o Executivo autonómico instituíu hai catro anos para premiar as iniciativas cara ao bilingüismo real na actividade profesional.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín