España
A Generalitat de Catalunya quere darlle prioridade ao catalán nos trens de proximidades
A Generalitat de Catalunya obrigará a operadora do servizo de trens rexionais e de proximidade a mellorar os indicadores de calidade “garantindo o uso prioritario do catalán na relación cos viaxeiros”, entre outras medidas.
Fonte: E-noticies
O éuscaro mostrará en Madrid o seu potencial de futuro
Co obxectivo de achegar a realidade do éuscaro aos cidadáns de fóra de Euskadi, o Instituto Etxepare, Euskaltzaindia e a Real Sociedade Bascongada de Amigos do País prepararon unha acción conxunta que amosará durante catro días en Madrid o potencial do éuscaro desde distintas perspectivas.
Fonte: Diario Vasco
A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais destinará 32 millóns de euros a dobrar películas ao catalán
A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais destinará 150 000 euros á “contratación do servizo de impresión da súa papelería corporativa” e 32 millóns a dobrar películas ao catalán.
Fonte: El Periodista Digital
O Goberno Vasco crea un tradutor éuscaro-español
A Viceconsellería de Política Lingüística do departamento de Cultura do Goberno Vasco presentou o tradutor automático de éuscaro-español e inglés-éuscaro, unha ferramenta que facilitará moito o traballo de comunicación.
Fonte: Aprendemas
A Real Academia da Lingua Vasca recoñece que a fin da violencia favorecerá a difusión do éuscaro
Andrés Urrutia, presidente da Real Academia da Lingua Vasca, recoñece que a fin da violencia e o proceso de normalización sociopolítica en curso favorecerán “indubidablemente” en adiante a difusión do éuscaro como idioma que aspira a ocupar o seu propio lugar nun Estado plurilingüe como o español.
Fonte: La Información
Preséntase Maestrat Viu, un novo colectivo en defensa da lingua e a cultura valencianas
A localidade de Benassal acolleu a presentación de Maestrat Viu, un novo colectivo en defensa da lingua e a cultura valenciana.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
A Real Academia Española carga contra as guías sobre linguaxe non sexista
O pleno da Real Academia Española da lingua aprobou un informe do académico Ignacio Bosque no que se critican as directrices contidas en nove guías sobre linguaxe non sexista elaboradas por comunidades autónomas, sindicatos e universidades, porque, se se aplicase estritamente o que din, “non se podería falar”.
Fonte: Levante-emv
Iniciativa polo Asturiano pide aos partidos políticos que usen o asturiano na campaña electoral
Iniciativa polo Asturiano fixo chegar a todas as formacións políticas que se presenten ás eleccións ao Principado unha carta na que se lles solicita o uso do bable na campaña electoral, de cara aos comicios autonómicos do 25 de marzo.
Fonte: La Voz de Asturias
Publican un atlas lingüístico de comarcas zamoranas
O Instituto de Estudos Zamoranos Florián de Ocampo, xunto coa Deputación de Zamora e Caja España-Duero, acaba de publicar o Atlas lingüístico da Sanabria Interior e de La Carballeda-La Requejada (comarcas zamoranas), baseado no caderno do traballo de campo que o filólogo alemán Fritz Krüger realizou durante a súa viaxe por Sanabria no ano 1921-1922.
Fonte: Qué!
O Goberno Vasco outorgará 34 licenzas de radio, 11 delas en éuscaro
O Goberno Vasco outorgará mediante concurso público 34 licenzas de radio de FM, das que 11 estarán reservadas para emisoras con programación integramente en éuscaro.
Fonte: Finanzas
Boletín
Subscríbase ao boletín