España
Unha aldea de Cuenca de 53 habitantes publica o seu propio dicionario da lingua
O Dicionario Portalrubiero-Español foi elaborado coas achegas dos habitantes de Portalrubio de Guadamejud e dos veraneantes que van á localidade, co fin de conservar e protexer a cultura popular dos municipios da Alcarria conquense.
Fonte: La Razón
Os alumnos de Labiaga Ikastola presentan un estudo sobre o uso do éuscaro
Os alumnos de 2.º de ESO da Labiaga Ikastola de Bera realizaron un traballo de investigación sobre o uso do éuscaro nos mozos de entre 13 e 14 anos de todo Bortziriak.
Fonte: Diario Vasco
O conselleiro de Educación de Navarra presenta un borrador de decreto para promover o éuscaro
O conselleiro navarro de Educación presentou o proxecto de decreto foral que regulará as axudas ao uso e á promoción do éuscaro no ámbito municipal.
Fonte: Diario de Navarra
A Generalitat de Catalunya potencia o catalán e o inglés entre o profesorado universitario
A Generalitat convocou unha partida de 726 400 euros para fomentar o uso das terceiras linguas, especialmente o inglés, entre o persoal docente das universidades públicas e privadas, no marco do programa Interlingua.
Fonte: La Razón
O portal en éuscaro Bizkaie! cumpre dez anos
O portal dixital xeneralista-cultural integramente en éuscaro biscaíño Bizkaie!, que cumpre dez anos, ten como “retos para o futuro seguir ofrecendo un produto de calidade, facendo especial fincapé no modelo normalizado do éuscaro biscaíño”, segundo indicou o seu director, Koldo Isusi.
Fonte: Europa Press
Os profesores valencianos de francés critican que a súa lingua se ignore no borrador de ensino plurilingüe
O borrador do ensino plurilingüe na Comunidade Valenciana foi cuestionado pola Asociación de Profesores de Francés de Valencia porque o documento ignora o seu idioma e só recolle o inglés como lingua estranxeira de aprendizaxe.
Fonte: Levante-emv
O Goberno Foral asina un convenio coa Real Academia da Lingua Vasca
O Goberno de Navarra asinou o convenio anual coa Real Academia da Lingua Vasca, mediante o que destina 87 314 euros aos traballos sobre o Corpus Onomástico do Éuscaro e un novo número da colección Mendaur.
Fonte: ABC
A Comunidade Valenciana realizará unha proba oral de idiomas na selectividade
A Comunidade Valenciana porá en práctica este mesmo ano o exame oral de lingua estranxeira que se incorporará ás probas de selectividade no curso 2013-2014, aínda que será de forma experimental e sen repercusión na nota final.
Fonte: Diario Información
Ábrese o prazo de subvencións para potenciar o uso e a aprendizaxe do éuscaro en Elgoibar
O Concello de Elgoibar abriu o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de subvencións destinadas a promover o uso do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A Asociación Faceira critica o Goberno de Castela e León por negarse a cumprir o Estatuto de Autonomía no relativo ao leonés
A Asociación Cultural Faceira criticou o Goberno de Castela e León porque, ao seu xuízo, se nega a cumprir o artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía, no que se establece a “protección específica” do leonés e a necesidade de regular a súa “protección, uso e promoción”.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín