España

O Concello de Eskoriatza avaliou o uso do éuscaro en todos os documentos municipais de 2011

O Concello eskoriatzarra realizou, como todos os anos, o estudo e avaliación do uso do idioma dos documentos municipais durante o ano pasado. O obxectivo é avaliar os avances no uso escrito do éuscaro, para o que o Concello levou a cabo a medición lingüística das resolucións de Alcaldía e dos documentos de entrada e saída do rexistro municipal.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Máis de 14 000 docentes aprenderon inglés desde 2008 para dar ensino bilingüe en Madrid

Un total de 14 425 docentes madrileños de colexios e institutos públicos e concertados recibiron os cursos gratuítos que ofreceu a Comunidade de Madrid desde 2008 para aprender inglés.

Fonte: El Correo

Madrid

Iniciativa polo Asturiano e colectivos a prol do leonés reúnense para establecer canles de colaboración

Representantes de Iniciativa polo Asturiano viaxaron a territorio leonés e tiveron un primeiro contacto coas organizacións que integran o movemento de reivindicación lingüística leonesa para coñecer o labor e a actividade que desenvolven en León e Zamora, así como para abrir canles de comunicación e cooperación futuros.

Fonte: Asturnews

Castela e León

A entidade Escola Valenciana esixe que todos os docentes dominen o valenciano

Responsables da entidade cívica Escola Valenciana instaron a Consellería de Educación a que o texto definitivo do futuro decreto sobre ensino plurilingüe inclúa de forma explícita que todos os docentes de Infantil, Primaria e Secundaria deban ter a capacitación lingüística en valenciano.

Fonte: Levante-emw

Comunidade Valenciana

O Goberno de Navarra retira o rótulo en éuscaro do novo Palacio de Xustiza de Tudela

A eliminación das letras tivo lugar antes de Semana Santa porque, segundo o conselleiro de Xustiza, a rotulación bilingüe “non se axusta á legalidade de Tudela como zona non vascófona”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Cada vez menos escolas imparten aragonés

O curso pasado, no Alto Aragón, tan só cinco profesores impartían esta materia voluntaria en 20 centros, principalmente de primaria.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

Piden que todo o profesorado teña capacitación lingüística en valenciano e uns 13 300 posúan competencias en inglés

Escola Valenciana instou a Consellería de Educación a que o texto definitivo do futuro decreto sobre ensino plurilingüe inclúa de forma explícita que todos os docentes de Infantil, Primaria e Secundaria deban ter a capacitación lingüística en valenciano, ao tempo que salienta que para que o sistema sexa “de calidade” uns 13 300 docentes deberían posuír competencias en lingua inglesa.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Unha gardería barcelonesa ensínalles aos nenos a lingua chinesa

O chinés é, sen dúbida, un dos idiomas do futuro grazas ao crecemento económico do xigante asiático. Na gardería Hamelin Vila Olímpica sábeno e desde hai dous meses ensínanllelo aos seus alumnos.

Fonte: 20 minutos

Cataluña

Os centros da rede plurilingüe duplicaranse no próximo curso na Comunidade Valenciana

Un total de 128 centros educativos valencianos pasarán a formar parte da Rede de Centros Plurilingües da Comunidade Valenciana, creada no mes de abril de 2011 pola Consellería de Educación, Formación e Emprego, no próximo curso 2012-2013.

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

O órgano do Estado encargado das linguas cooficiais leva dous anos sen reunirse

O Consello e a Oficina de Linguas Oficiais, un órgano interministerial que o Goberno de España enmarcaba no seu "obxectivo de procurar unha mellor atención aos dereitos lingüísticos dos cidadáns", foi levado ao cuarto dos obxectos sen uso, ata o punto de que o vindeiro mes de xullo este organismo cumprirá dous anos sen ter un só encontro.

Fonte: Praza Pública

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder