España

O Tribunal Supremo ditamina que o catalán deixe de ser lingua preferente no Concello de Barcelona

O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que tumba sete artigos do regulamento de uso do catalán no consistorio barcelonés.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Os contribuíntes poden escoller xa a lingua de relación coa Deputación de Guipúscoa

O impreso para facer a declaración da Renda mecanizada inclúe os ocos nos que se pode optar polo éuscaro ou o castelán.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Aumenta un 8 % o número de alumnos que domina o catalán nos colexios públicos de Baleares

O 62 % dos alumnos de cuarto primaria dos centros educativos de Baleares demostrou un coñecemento sólido da lingua catalá durante o pasado ano escolar, o que supón un 8 % máis con respecto ao curso anterior nas escolas públicas.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Crece o número de empresas que ofrecen prácticas en éuscaro

Un total de oito empresas de toda a comarca de Pasaia e San Sebastián, dúas máis que hai un ano, ofrecerán nos próximos meses aos alumnos de Oarsoaldea que cursen estudos no IEFPS Don Bosco a posibilidade de realizar prácticas en éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de San Sebastián estuda o uso do éuscaro en 600 comercios da cidade

Nas próximas catro semanas o servizo de éuscaro do Concello visitará 600 establecementos repartidos por sete barrios da cidade co fin de realizar un diagnóstico do uso do éuscaro no comercio.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Máis de 600 persoas piden liberdade lingüística e educación bilingüe nas escolas catalás

Máis de 600 persoas asistiron a un acto a favor da liberdade lingüística e o ensino bilingüe en centros educativos cataláns, que contou co apoio de diversas asociacións.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Uns encontros organizados pola plataforma Escola Valenciana piden educación de calidade e en valenciano

Escola Valenciana organizou dúas “Trobades” en Antella (Valencia) e en Guardamar do Segura (Valencia) co obxectivo de realizar un “chamamento multitudinario” pola defensa dun ensino público, de calidade e en valenciano.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

O Consello Escolar de Baleares rexeita a libre elección da lingua de ensino no proceso de admisión nos centros públicos

O Consello Escolar de Illas Baleares rexeitou a inclusión da libre elección de lingua de ensino na convocatoria do proceso de admisión e matriculación de alumnos nos centros públicos.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

No último ano quintuplicáronse os espectadores de cine dobrado en catalán

Os espectadores de cine dobrado en catalán multiplicáronse por cinco en Cataluña durante o último ano debido á maior oferta nas salas catalás.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Máis de 400 persoas participan nun mural humano en defensa do catalán

Máis de 400 persoas de todas as idades participaron na realización dun mural humano no que se podía ler “El catalá, llengua comuna” (O catalán, lingua común) para reivindicar o uso desta lingua como elemento de inclusión e cohesión social.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder