España

Critican o Festival de Cine de Xixón por non usar o topónimo asturiano do concello

O logo do Festival Internacional de Cine de Xixón non inclúe as siglas que se usaron noutras ocasións e onde si aparecía o topónimo asturiano (FICXixón), fronte ao nome completo do festival, onde tamén se usou a forma castelá de chamar a este concello asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

O Goberno catalán e o Consello Xeral de Arán crean o Consello de Política Lingüística do Aranés Occitano

A vicepresidenta do Goberno catalán e titular do Departamento de Gobernación e Relacións Institucionais, Joana Ortega, e o valedor do Pobo de Arán, Carlos Barrera, presidiron a segunda comisión bilateral celebrada desde a constitución do novo Consello Xeral de Arán, na que se creou o Consello de Política Lingüística do Aranés Occitano.

Fonte: Gencat

Cataluña

Un informe ve viable a integración do asturiano no currículo de Primaria e Secundaria

Un informe xurídico realizado a petición do Goberno do Principado determina que é viable tanto a creación da especialidade en Lingua Asturiana no currículo da Educación Primaria e Secundaria coma o desenvolvemento dun grupo docente específico para a súa impartición.

Fonte: El Comercio

Asturias

O partido político aragonés CHA defenderá no Parlamento Europeo as linguas minoritarias de Aragón

O presidente da CHA (Chunta Aragonesista) defenderá en Estrasburgo as linguas minoritarias de Aragón, especialmente o aragonés, ante o “incumprimento” dos últimos gobernos autonómicos da Lei de linguas, do Estatuto de Autonomía e dos tratados internacionais.

Fonte: Diario Vasco

Aragón

O perfil de éuscaro da Ertzaintza será máis esixente nalgúns postos

O Goberno vasco modificou o decreto que regula o proceso de normalización lingüística da Ertzaintza, que establecerá dous perfís, un deles más esixente, para os axentes que ocupen determinados postos.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Un total de trinta autoescolas de Biscaia permiten prepararse para o carné en éuscaro

Trinta autoescolas de Biscaia ofrecen a posibilidade de recibir en éuscaro as clases teóricas e prácticas para examinarse do carné de conducir, segundo informou a Deputación nunha nota.

Fonte: ABC

País Vasco

Xa se pode usar Twitter co asturiano como lingua vehicular

A organización Iniciativa polo Asturiano acaba de asinar un convenio con Splitweet, un xestor de contas de Twitter, polo que a plataforma ofrece desde agora unha versión en asturiano de todo o sistema.

Fonte: Asturnews

Asturias

Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia desenvolven un novo tradutor automático de linguas minoritarias

Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia desenvolveron un novo tradutor automático de linguas minoritarias, que permite superar a escaseza de recursos lingüísticos dos tradutores actuais.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

O Goberno vasco pon en marcha o proceso de socialización do novo Plan de acción para a promoción do éuscaro

O Goberno vasco puxo en marcha o proceso de socialización do novo Plan de acción para a promoción do éuscaro (ESEP), cuxo obxectivo principal é incrementar o uso desta lingua.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A Generalitat de Catalunya asina un convenio co Concello de Rodés (Occitania) para fomentar a lingua e a cultura occitanas

O Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya anunciou a sinatura dun convenio marco de colaboración co Concello de Rodés (Mediodía-Pireneos) que permitirá cooperar mutuamente en relación cos actos, manifestacións culturais e calquera outra actividade destinada ao fomento da lingua occitana, xa sexa en Cataluña ou en Rodés.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder