España

Asociacións da Franxa de Aragón esixen o recoñecemento do catalán nesta comunidade

Iniciativa Cultural da Franxa, organización que reúne o conxunto de asociacións culturais das comarcas aragonesas nas que se fala catalán, criticou que o borrador da nova lei de linguas de Aragón non recoñeza “o dereito dos catalanfalantes” e rexeitaron que a denominación de “aragonés de uso predominante na área oriental” substitúa a de lingua catalá.

Fonte: La Vanguardia

Aragón

Twitter estará en catalán e éuscaro a partir do 5 de xullo

Twitter estreará novas traducións o 5 de xullo de 2012. Entre as novas linguas están o éuscaro e o catalán, que terá a súa propia versión de Twitter tras meses de campaña na rede social de usuarios de Cataluña reclamando aos responsables unha tradución.

Fonte: El País

Xeral

Máis do 60 % dos alumnos españois non comprende o inglés oral ao rematar a ESO

O 63 por cento do alumnado español non comprende o inglés oral ao finalizar a Ensinanza Secundaria Obrigatoria, segundo o Estudo Europeo de Competencia Lingüística (EECL), no que participaron 14 países europeos.

Fonte: Europa Press

Xeral

O 88 % do alumnado da Universidade do País Vasco puido matricularse en éuscaro o curso pasado

No curso académico que termina, o 2011-2012, a Universidade do País Vasco (UPV) ofreceu ao 87,92 % dos seus alumnos de primeiro curso a posibilidade de realizar os seus estudos integramente en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

O Goberno vasco edita en éuscaro un manual da ONU para orientar a defensores dos dereitos humanos

O Goberno vasco traduciu e editou en éuscaro un manual da ONU para orientar as persoas que contribúen a promover, protexer e defender os dereitos humanos.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A Universidade do País Vasco regulará o uso do éuscaro fóra da clase

Estableceuse usar como criterio xeral o éuscaro en calquera documento, comunicación ou elemento creado pola Universidade do País Vasco. Así, garántese a presenza desta lingua nas diferentes áreas existentes como atención ao alumno, rotulación, relación de traballo, contratacións administrativas ou actos organizados pola propia Universidade.

Fonte: El Economista

País Vasco

O Consello Valenciano de Cultura alerta do risco da caída editorial en valenciano

O Consello Valenciano de Cultura (CVC) considera que a "falta de investimento en determinados instrumentos culturais pode implicar a desaparición dun ben cultural patrimonial como o valenciano".

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

O tradutor castelán-éuscaro traduciu máis de 61,13 millóns de frases desde febreiro

O tradutor automático castelán-éuscaro presentado o pasado 28 de febreiro pola Viceconsellería de Política Lingüística do Departamento de Cultura do Goberno vasco traduciu máis de 912 000 documentos e máis de 61,13 millóns de frases desde a súa posta en marcha.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A Universidade de Valencia elevará ata o 35 % a súa docencia en valenciano

A Universidade de Valencia (UV) aprobou un plan para elevar a súa oferta docente en valenciano ata o 35 por cento durante os próximos cinco anos, así como unha distribución equitativa da oferta nas dúas linguas oficiais nun prazo máximo de dez anos.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

O Tribunal Supremo obriga a introducir o castelán como lingua vehicular na educación infantil

O Tribunal Supremo declarou nulos os artigos que definen o catalán como lingua normalmente usada como vehicular no ensino infantil (3 a 6 anos) e engade o castelán como lingua vehicular.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder