España

A Universidade de Oviedo convoca cursos de asturiano en Xixón e Oviedo

Por segundo ano consecutivo, a Universidade de Oviedo, a través da Casa das Linguas, convocou dous cursos de asturiano en Xixón e Oviedo.

Fonte: Asturnews

Asturias

O número de seccións bilingües nos centros educativos estremeños aumenta un 23 % o próximo curso, ata as 203

A Consellería de Educación e Cultura do Goberno de Estremadura incrementou un 23,6 por cento o número de seccións bilingües nos centros educativos, pasando de 155 a 203 no curso 2012-2013.

Fonte: Europa Press

Estremadura

A Asociación Valenciana da Lingua entra no circuíto do Instituto Cervantes para promover a literatura en valenciano

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) estará a partir de agora presente no circuíto da programación cultural do Instituto Cervantes para promover e potenciar no exterior os escritores valencianos que editen as súas obras en lingua propia.

Fonte: La Información

Comunidade Valenciana

O Parlamento de Cataluña rexeita ofrecer castelán no servizo telefónico de atención cidadá

O Parlamento catalán rexeitou unha proposta que pedía garantir “a dispoñibilidade lingüística plena en catalán e castelán do servizo de atención telefónica cidadá 012”.

Fonte: ABC

Cataluña

A Viceconsellería de Política Lingüística vasca e o Instituto Navarro do Éuscaro asinan un acordo de colaboración

A Viceconsellería de Política Lingüística e Euskarabidea, o Instituto Navarro do Éuscaro, acordaron subscribir un convenio de colaboración para promover o éuscaro conxuntamente. Este acordo histórico establece a cooperación técnica en nove ámbitos e garante a colaboración en materia lingüística entre ambos gobernos.

Fonte: Euskara

Xeral

O inglés continua sendo a lingua máis demandada polas empresas españolas

Un ano máis, o inglés se reafirma como o idioma máis demandado polas empresas en España. A lingua que domina a lingua dos negocios mantense como requisito imprescindible en máis dun 86% das ofertas de emprego cualificado.

Fonte: Finanzas

Xeral

Ata un 28% das ofertas de emprego en España esixen falar un segundo idioma

O 28% das ofertas de emprego que se barallan no mercado laboral na actualidade esixen o coñecemento dunha lingua estranxeira, o que supón unha subida do 1,3% con respecto a 2010.

Fonte: Europa Press

Xeral

O número de bilingües de éuscaro aumenta e representa xa un 27% da poboación do País Vasco, Navarra e o País Vasco francés

Unha enquisa sociolingüística encargada polo Goberno vasco pon de manifesto que en 20 anos o número de persoas bilingües maiores de 16 anos creceu en 185.600 novos euskaldúns ata representar un 27% da poboación total da Comunidade Autónoma Vasca, Comunidade Foral de Navarra e Iparralde.

Fonte: Noticias de Navarra

Xeral

Unha páxina web achegará a constitución española ás persoas xordas

Unha páxina web favorecerá un mellor coñecemento por parte das persoas xordas da Constitución Español, ao mostrar todo o seu contido nas linguas de signos española e catalá, e incorporar tamén a versión en castelán deste documento.

Fonte: La Información

Xeral

O Parlamento Catalán rexeita as decisións sobre o catalán dos gobernos de Aragón e Baleares

A xunta de voceiros do Parlamento de Cataluña aprobou unha declaración na que defende a unidade do catalán e denuncia as “denominacións impropias que, ao seu ver, contraveñen os principios científicos e académicos” que impulsan os gobernos de Aragón e as Illas Baleares.

Fonte: Levante-emv

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder