España

San Sebastián celebrará a primeira feira de empresas con servizos en éuscaro

O Kursaal de San Sebastián acollerá ‘Empresarean’, a primeira feira de empresas que ofrecen os seus servizos en éuscaro, cuxo obxectivo é promover as relacións entre compañías dos mesmos ou diferentes sectores, compartir experiencias e ser punto de encontro para coñecer a novos provedores.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A metade dos habitantes de Zarautz utilizan o éuscaro na rúa

Segundo os datos recollidos nunha medición realizada en outono nas rúas, o uso do éuscaro en Zarautz é do 50%. A metade dos zarautzarras utilizan o éuscaro de forma habitual, aínda que a porcentaxe de falantes de euskera é 20 puntos máis elevado, dun 70,1%.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno de Navarra publica na súa web a versión en éuscaro de Lex Navarra

O Goberno de Navarra publicou no seu portal web (www.navarra.es) a versión en éuscaro de Lex Navarra, un catálogo que compila as normas políticas e administrativas da Comunidade Foral, permanentemente actualizadas.

Fonte: ABC

Navarra

O Tribunal Supremo equipara o catalán e o valenciano

O catalán e o valenciano son o mesmo. Ou, polo menos, sono para o Tribunal Supremo, quen recoñeceu a unidade da lingua e a equivalencia entre as denominacións de catalán e valenciano.

Fonte: ABC

Xeral

A conselleira asturiana de Educación asturiana propón o recoñecemento do profesorado en lingua asturiana

A conselleira asturiana de Educación, Cultura e Deporte, Ana González Rodríguez, propuxo a posibilidade de que o Principado “recoñeza o profesorado de lingua asturiana" como unha figura específica dentro do ámbito docente.

Fonte: 20 minutos

Asturias

A nova lei de linguas eliminará a normalización do uso do catalán en Aragón

A nova Lei de linguas de Aragón recollerá e protexerá a pluralidade lingüística da comunidade en dúas zonas concretas –Pireneos e área oriental-, pero elimina do documento a normalización do uso do catalán.

Fonte: El Correo

Aragón

Un dicionario recupera o éuscaro que se falaba en Guesálaz ata o século XIX

Un dicionario elaborado polo lingüista Aitor Arana recolle moitos dos termos en éuscaro que se utilizaban no val de Guesálaz e en Salinas de Oro nos séculos XVIII e XIX.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Os cursos de idiomas das universidades públicas e privadas da Comunidade Valenciana pasarán a ser oficiais

O presidente da Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, avanzou que a Generalitat aprobará un decreto que permitirá recoñecer como oficiais os cursos de linguas estranxeiras que imparten as universidades públicas e privadas valencianas.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

O Departamento de Cultura da Generalitat Catalá asina convenios de colaboración para promover o catalán

O Departamento de Cultura da Generalitat catalá asinou acordos de colaboración coas asociacións coas asociacións Amical Viquipèdia e Lectura Fàcil co obxectivo de promover e difundir a lingua catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A metade dos funcionarios de Bilbao pode atender os cidadáns en éuscaro

A metade dos traballadores do Concello de Bilbao é capaz de comunicarse en éuscaro, aínda que a lei unicamente obriga a que o faga un 28 % do cadro de persoal.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder