España
A Comunidade de Madrid financia cursos de formación en inglés a 1500 profesores durante este verán
A Comunidade de Madrid financiou cursos de formación en inglés tanto en Madrid como no estranxeiro a máis de 1500 profesores madrileños de colexios e institutos públicos e concertados da rexión durante este verán.
Fonte: Europa Press
O Goberno valenciano aproba o decreto que regula o modelo de ensino plurilingüe na comunidade
O pleno do Consello aprobou o novo decreto que regula o modelo de ensino plurilingüe na Comunidade Valenciana, unha norma que dobra as horas lectivas en inglés desde o segundo ciclo de Educación Infantil, fixa dous programas de ensino multilingüe –en castelán e valenciano- e que, ademais, “protexe e preserva a lingua valenciana”.
Fonte: La Información
O romanés é o idioma máis solicitado nos xulgados da Comunidade de Madrid
O romanés posicionouse como o primeiro idioma máis solicitado nos xulgados da Comunidade de Madrid cun 28,29 por cento da demanda total de idiomas durante o primeiro semestre de 2012.
Fonte: Europa Press
Os edís e funcionarios do Concello de Motril aprenderán lingua de signos
Os concelleiros e funcionarios do Concello de Motril realizarán un curso para aprender a lingua de signos co obxectivo de mellorar a comunicación co colectivo de persoas xordas do municipio.
Fonte: Granada Hoy
Os recortes económicos deixan sen intérpretes de lingua de signos aos hospitais de Almería
De catro intérpretes de lingua de signos que tiñan á súa disposición desde a Agrupación de Persoas Xordas de Almería, agora mesmo só teñen unha persoa encargada do servizo e, ademais, só de luns a venres.
Fonte: El Almería
O Goberno de Estremadura ofrece un servizo gratuíto de interpretación por teléfono para as empresas
O Goberno de Estremadura, a través do programa Avante Estremadura, puxo en marcha un servizo gratuíto de interpretación telefónica en máis de 30 idiomas para que as empresas estremeñas poidan exportar os seus produtos sen que a linguaxe lles supoña unha barreira.
Fonte: Master Más
Só o 20 % dos docentes vascos é titulado en inglés
Só dous de cada dez docentes do sistema educativo vasco teñen un título de inglés da Escola Oficial de Idiomas, o que supón o 20 % dos 22 000 profesores.
Fonte: Aprende Más
Un de cada cinco comercios de Barcelona incumpre a normativa de rotular en catalán
Un de cada cinco comercios da cidade de Barcelona (o 19,2 %) non ten os rótulos internos e externos en catalán, tal como establece a normativa, segundo un estudo do concello da capital catalá e da Unión de Consumidores de Catalunya (UCC).
Fonte: La Vanguardia
Crean un dicionario español de informática para xordos
Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid elaboraron este dicionario que traduce máis de 700 termos informáticos como “web”, “portal”, “navegador” ou “protocolo” á lingua de signos española.
Fonte: Computerworld
Educación convoca axudas para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares vascos
O Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno vasco convocou as axudas IKABIL para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares pertencentes á Comunidade Autónoma vasca para o próximo curso 2012-2013.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín