España
Pídenlle ao Goberno de Asturias que se informe aos centros da supresión do número mínimo de alumnos para as clases de asturiano
A Xunta pola Defensa de Lingua Asturiana esixiulle ao Goberno de Asturias que se informe aos centros de ensino da supresión do número mínimo de alumnos para formar clases de asturiano.
Fonte: La Información
A Universidade de Granada impulsa a creación dun centro de ensino de lingua española en Marrocos
Un convenio de colaboración vai impulsar a creación, na Universidade Mohamed I de Oujda, dun centro de ensino de lingua e cultura españolas, que estará tutelado pola Universidade de Granada con apoio do Instituto Cervantes.
Fonte: Granada Hoy
O Congreso debate a iniciativa popular para que as cadeas autonómicas se vexan noutras comunidades coa mesma lingua
O Pleno do Congreso debaterá e votará a iniciativa lexislativa popular ‘Televisión sen fronteiras’, que pretende que as cadeas autonómicas se poidan ver nas comunidades onde se comparta a mesma lingua.
Fonte: Europa Press
Canal Sur 2 emitirá todo o seu contido de forma accesible a través de subtítulos e lingua de signos
Canal Sur 2 emitirá, a partir de outubro, simplemente os contidos da primeira canle en lugar da súa propia programación, pero con subtitulación, lingua de signos e audiodescripción no caso das películas.
Fonte: Telecinco
A Xunta de Castela e León destaca que a lingua española aínda xera emprego na rexión
O director de Políticas Culturais da Xunta de Castela e León, José Ramón Alonso, destacou que «aínda que sinalaba que o sector do español estaba chegando ao tope na rexión, este creceu un 13,5 por cento con respecto ao ano pasado, polo que augurou que á comunidade lle queda moito por crecer».
Fonte: Diario de León
O Goberno de Navarra destina 109 171 euros para programas locais de fomento do éuscaro
O Goberno de Navarra subvencionará 109 171 euros os programas de fomento do éuscaro desenvolvidos polas entidades locais durante o ano 2012.
Fonte: ABC
A Plataforma pola Lingua lanza un xogo en liña sobre o catalán
A Plataforma pola Lingua lanzou o Catavolta 2.0, un xogo dixital con preguntas sobre a lingua catalá e a súa situación social e legal. Pódese participar a través da web da entidade e tamén desde Facebook.
Fonte: Gencat
Aumenta a demanda para estudar alemán nas escolas de idiomas de Cataluña
Segundo os datos do Departamento de Educación, inscribíronse máis de 17 000 persoas para facer alemán, 5000 máis que o ano pasado, para pouco máis de 8000 prazas dispoñibles. O incremento medio é do 30 %, aínda que hai centros nos que se chegou ata un 50 % máis de preinscritos.
Fonte: La Vanguardia
A Consellería de Educación do Goberno de Asturias comprométese a implantar a especialidade docente de asturiano
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana asegurou que a conselleira de Educación, Ana González, adquiriu o compromiso, nunha reunión con esta organización, de crear a especialidade docente de lingua asturiana.
Fonte: La Nueva España
A Concellería de Normalización Lingüística de Novelda organiza un ciclo de charlas para fomentar o uso do valenciano
Fomentar o uso da lingua valenciana a través da cultura popular e a literatura son os obxectivos do ciclo de conferencias organizadas pola Concellería de Normalización Lingüística de Novelda, en colaboración coa Universidade de Alacant.
Fonte: El Periodic
Boletín
Subscríbase ao boletín