España

Aumenta o uso da lingua de signos nos servizos públicos de Andalucía

A conselleira de Saúde e Benestar Social, María Jesús Montero, manifestou que Andalucía está incrementando o uso da lingua de signos nos servizos públicos para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade.

Fonte: Ideal

Andalucía

A Consellería de Educación e a Embaixada de Francia impulsarán o francés en Castela-A Mancha

O Goberno de Castela-A Mancha realizou importantes esforzos para impulsar o ensino e a aprendizaxe da cultura e a lingua francesas nos centros docentes da comunidade, mediante a creación de centros educativos con sección bilingüe e achegando apoios ás escolas oficiais de idiomas.

Fonte: Europa Press

Castela-A Mancha

Cinco canles de televisión de Guipúscoa emitirán un telexornal diario en éuscaro

As cinco canles de televisión locais que emiten en éuscaro en Guipúscoa incorporarán ás súas respectivas programacións un telexornal diario realizado en común que a Deputación de Guipúscoa subvenciona este ano con 207 000 euros.

Fonte: ABC

País Vasco

Case un centenar de alumnos estuda éuscaro na Escola de Idiomas de Miranda de Ebro

O interese de Miranda de Ebro por aprender éuscaro creceu nos últimos anos de forma considerable. Así, neste curso matriculáronse un total de 80 persoas na Escola Oficial de Idiomas deste municipio burgalés para aprender a lingua vasca.

Fonte: Noticias de Álava

Castela e León

A Confederación de Persoas Xordas lamenta que non se garantan intérpretes de lingua de signos catalá nas aulas

A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) lamenta que o Parlamento de Cataluña rexeitase a proposta de Resolución 64, que instaba a Generalitat a garantir ao alumnado xordo a presenza de intérpretes de lingua de signos catalá (LSC) con dedicación plena en todos os niveis educativos obrigatorios e postobrigatorios.

Fonte: La Información

Cataluña

O interese por aprender éuscaro estáncase en Vitoria e aumentan os alumnos de linguas estranxeiras

O éuscaro, que ata agora era unha das linguas máis demandadas na Escola de Idiomas de Vitoria, foi perdendo peso en comparación coas linguas estranxeiras. Así, en só un ano, a demanda de alemán e francés creceu en torno a un 20 %.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Un total de 50 graos universitarios impartidos na Comunidade Valenciana ten materias en lingua estranxeira

Un total de 50 graos universitarios ofertados polas universidades públicas da Comunidade Valenciana conta con algunha materia impartida nunha lingua estranxeira, normalmente en inglés.

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

A Real Academia Española estudará se cambia a definición de ‘bable’ e ‘asturiano’ para eliminar a denominación de dialecto

A Real Academia Española fixo chegar unha comunicación do seu secretario, Darío Villanueva, a Iniciativa polo Asturiano na que agradece o informe e proposta enviados por esta organización á RAE para solicitar a revisión e modificación da definición dos termos ‘asturiano’ e ‘bable’ no seu Dicionario, onde hogano aparecen definidos como ‘dialecto’ en lugar de lingua ou idioma.

Fonte: El Comercio

Xeral

A Federación de Xordos de Murcia pide que se inclúa a lingua de signos no Estatuto de Autonomía da Comunidade

O presidente da Federación de Xordos da Rexión de Murcia, Francisco Pérez, reivindicou que se inclúa a lei 27/2007 sobre o uso da lingua de signos no Estatuto de Autonomía para garantir o acceso á información das persoas xordas e xordo-cegas nas administracións e nos medios de comunicación.

Fonte: ABC

Murcia

A terceira convocatoria de teatro de bolso impulsa o uso do éuscaro

Donostia Kultura, coa colaboración do Servizo de Éuscaro do Concello e a Asociación de Amigos do Teatro do País Vasco, convoca na súa terceira edición un proxecto para promover a creación en éuscaro de obras de teatro de bolso.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder