España
Cataluña e o Concello francés de Tolosa cooperan para fomentar a lingua e a cultura occitanas
O Departamento de Cultura de Cataluña, o concello de Tolosa e a federación de entidades culturais Converxencia Occitana manterán unha reunión para estudar as posibles liñas de actuación para fomentar a lingua e a cultura occitanas, que se formalizará nun futuro convenio de colaboración permanente.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno catalán promove proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán
Por primeira vez este ano, a Generalitat de Cataluña convocou unha liña específica de subvencións, dotada con 200 000 euros, dirixida a iniciativas de empresas que promovan o uso da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Fundación do Español Urxente e a Real Academia Española presentan un manual para escribir ben en internet
O futuro da lingua española “xógase en internet”. Con esta convicción, a Fundación do Español Urxente (Fundéu), asesorada pola Real Academia Española (RAE), publicou un manual con numerosas recomendacións para escribir correctamente na rede e aproveitar todas as súas posibilidades.
Fonte: 20 Minutos
España é o país da Unión Europea onde antes se comeza a aprender inglés
España é o país europeo no que antes se inicia o estudo dunha lingua estranxeira. Polo menos, en 10 das 17 comunidades onde o estudo doutro idioma se inicia aos tres anos, ao pisar a escola –algo que só sucede na comunidade xermanófona de Bélxica.
Fonte: El Mundo
Os colexios da Rexión de Murcia poderán ofertar o alemán como segunda lingua estranxeira
O Executivo rexional aprobou un decreto polo que se modifica parcialmente o currículo de Educación Primaria co obxectivo de ampliar a oferta dunha segunda lingua estranxeira nos centros educativos da rexión, que poderán ofertar o alemán.
Fonte: 20minutos
A organización Iniciativa polo Asturiano incorpórase a unha ONG europea de defensa das linguas minorizadas do continente
Co obxectivo de levar o conflito lingüístico asturiano a Europa, Iniciativa polo Asturiano vén de incorporarse a ELEN (European Lesser-Used Languages), unha ONG que traballa na promoción e protección das linguas europeas minorizadas.
Fonte: Asturies.com
O Principado de Asturias aposta por potenciar a lingua asturiana nos centros educativos
A directora xeral de Política Lingüística do Principado, Ana María Fueyo, dixo que o Goberno rexional quere potenciar a aprendizaxe da lingua asturiana en todos os centros educativos.
Fonte: ABC
O 43,3 % das persoas que atenden nos comercios de San Sebastián fala ben en éuscaro
Máis do 43,3 % das persoas que atenden os seus negocios en rúas comerciais sabe éuscaro e un 23,6 % máis non fala o idioma pero coñéceo e enténdeo. E en tres de cada catro establecementos sinalan a importancia do éuscaro para a comunicación co cliente.
Fonte: Diario Vasco
Un estudo sinala o risco de "extinción dixital" do galego, o éuscaro e o catalán
O galego, o éuscaro e o catalán son algunhas das linguas minoritarias europeas que están en risco de "extinción dixital" polo pouco apoio que teñen nas novas tecnoloxías, segundo conclúe un estudo da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) e a Universidade Pompeu Fabra (UPF).
Fonte: El Correo Gallego
O Congreso rexeita unha proposición de lei de UPyD contra a discriminación lingüística
O PP, o PSOE, a Esquerda Plural e os partidos de ámbito territorial rexeitaron no Pleno do Congreso tomar en consideración unha proposición de lei de UPyD que avogaba por previr e erradicar a discriminación lingüística que, na súa opinión, existe en comunidades con linguas cooficiais.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín