España

A terceira convocatoria de teatro de bolso impulsa o uso do éuscaro

Donostia Kultura, coa colaboración do Servizo de Éuscaro do Concello e a Asociación de Amigos do Teatro do País Vasco, convoca na súa terceira edición un proxecto para promover a creación en éuscaro de obras de teatro de bolso.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A inmersión en catalán mantén a hexemonía nas escolas de Baleares

En contra do que se podería esperar, a libre elección de lingua para aprender a ler e escribir en castelán non inclinou a balanza a favor da lingua de Cervantes, nin sequera nos centros con máis inmigración.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Xa se pode ler en liña a primeira tese de doutoramento tramitada por completo en asturiano

A Universidade de Oviedo acaba de pór en liña a tese de doutoramento de Xuan Santori Vázquez, titulada “O papel dos escritores do Rexurdimento na recuperación do asturiano: a visión do escritor”. Trátase dunha tese redactada en asturiano que puido facer todos os trámites, por primeira vez, nesta lingua.

Fonte: Asturnews

Asturias

Iniciativa polo Asturiano amosa o seu descontento coa falla de uso da toponimia oficial e o asturiano en Xixón

Iniciativa polo Asturiano fixo chegar ao concelleiro de Cultura, Educación e Festas de Xixón, Carlos Rubiera, o seu descontento sobre o uso do asturiano por parte do concello.

Fonte: Asturnews

Asturias

O Centro de Normalización Lingüística de Sabadell aumenta os alumnos interesados en aprender catalán

O interese por aprender catalán crece en Sabadell, como indica o éxito dos cursos organizados polo Centro de Normalización Lingüística de Sabadell (CNL).

Fonte: El Periódico

Cataluña

Nace unha asociación para fomentar o uso do asturiano entre os rapaces de cero a seis anos

Naceu una nova asociación, Reciella, que ten por obxectivo transmitir e promover a lingua asturiana vehicular entre os nenos de cero a seis anos.

Fonte: Europa Press

Asturias

O Constitucional anula a norma que multa os comercios por non rotular en catalán

O Tribunal Constitucional declarou nulo un artigo dunha norma catalá sobre consumo do que derivaban as sancións a comerciantes por non rotular os seus establecementos na lingua autonómica.

Fonte: La Verdad

Cataluña

Un congreso sobre accesibilidade en Madrid contará con lingua de signos e subtítulos

O III Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade que se celebra en Madrid será accesible para as persoas xordas dado que contará con tradución simultánea á lingua de signos española e contará con subtítulos.

Fonte: Diario Signo

Madrid

O Concello de Muskiz abrirá un bar para promover o uso do éuscaro

Muskiz promoverá o éuscaro nun ambiente lúdico. Será grazas á apertura dun bar que, ademais dos servizos hostaleiros tradicionais, promova o uso da lingua vasca.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Instituto de Cultura de Barcelona promoverá a cultura e a lingua aranesas na Cidade Condal

O Instituto de Cultura de Barcelona (ICUB) asinou un convenio marco de colaboración co Consello Xeral de Arán para promover a cultura e a lingua aranesa na capital catalá.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder