España

Unha web recolle a primeira gramática da lingua de signos catalá

O Instituto de Estudos Cataláns e a Federación de Persoas Xordas de Cataluña crearon unha páxina web que recollerá todos os recursos lingüísticos sobre a lingua de signos catalá, entre os que destaca a primeira gramática.

Fonte: ABC

Cataluña

O Concello de Hondarribia ofrece máis dunha ducia de actividades relacionadas co éuscaro este inverno

O Servizo de Éuscaro do Concello de Hondarribia (Guipúscoa) puxo en marcha o programa 'Neguko Jardunaldiak' que ofrece máis dunha ducia de actividades relacionadas co éuscaro durante o inverno.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A lingua de signos incorpórase ás materias dun instituto en Xerez

Unha trintena de alumnos do ciclo de Integración Social do instituto Santa Isabel de Hungría completaron o curso de sensibilización e achegamento á lingua de signos española, formación que se enmarca na materia Alternativas da Comunicación.

Fonte: Diario de Jerez

Andalucía

Asturias acolle a gala final do Festival Liet Internacional de linguas minoritarias

O teatro Laboral Cidade da Cultura, en Xixón, acollerá a gala final do Festival Liet Internacional 2012, na que participarán once grupos que representan a diferentes linguas minoritarias de Europa.

Fonte: Europa Press

Asturias

O programa do ‘Voluntariado polo valenciano’ suma xa 6000 parellas lingüísticas

O programa do ‘Voluntariado polo valenciano’, creado por Escola Valenciana en 2005, suma xa 6000 parellas lingüísticas formadas por un voluntario falante de valenciano e unha persoa que quere aprender a lingua para charlar en valenciano durante unha hora á semana.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

O Parlamento vasco logra unha acreditación de calidade polo uso e xestión do éuscaro

O Parlamento vasco conseguiu o diploma de prata Bikain de ‘Calidade no Éuscaro’, que acredita o bo uso e xestión desta lingua.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Lanzan a primeira web en catalán de ofertas e compras en grupo por cupóns

Un grupo de mozos emprendedores lanzou a primeira web de ofertas e compras en grupo por cupóns en catalán, bautizada como “Catoferta.cat” e que xa se atopa activa en internet.

Fonte: Finanzas

Cataluña

Pídenlles un maior compromiso aos concellos e Goberno de Asturias sobre os servizos de normalización lingüística

Despois de saber que o Goberno asturiano recortará un 20 % o orzamento que destina aos servizos de normalización lingüística, a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana pediulles aos concellos que “amosen o seu compromiso con estas entidades e cos postos de traballo que xeran”.

Fonte: Asturnews

Asturias

Os medios de comunicación en éuscaro únense para fortalecer o sector

Os medios de comunicación privados en éuscaro crearon Hekimen, unha asociación que servirá para unificar a súa voz e para potenciar un sector que neste momento ocupa un ámbito "reducido” e “débil”.

Fonte: ABC

País Vasco

O Concello de Pamplona e a Escola Navarra de Teatro asinan un convenio para financiar actividades relacionadas co éuscaro

O alcalde de Pamplona e a directora administrativa da Escola Navarra de Teatro asinaron un convenio de colaboración para subvencionar actividades relacionadas coas artes escénicas nas que se utilice o éuscaro como lingua de expresión.

Fonte: Europa Press

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder