España
Presentan a primeira tradución da Constitución Española á lingua de signos
A primeira tradución da Constitución Española ás linguas de signos española e catalá nace este ano para conmemorar o Día da Constitución.
Fonte: Diario Vasco
Diversos grupos aragoneses presentan 173 emendas á lei de linguas
A Mesa da comisión de Educación, Universidade, Cultura e Deporte das Cortes autonómicas cualificou 173 emendas ao proxecto de Lei de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas propias de Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Plataforma pola Lingua lanza unha campaña que invita os cidadáns a gravar en vídeo as súas razóns para falar catalán
A ONG do catalán creou unha campaña para colocar a situación da lingua no debate público e denunciar os constantes ataques que recibe o catalán desde hai un tempo e que obstaculizan o proceso de normalización.
Fonte: Generalitat de Cataluña
As asociacións organizan diversas actividades con motivo do Día Internacional do Éuscaro
Con motivo do Día Internacional do Éuscaro, diversas asociacións, entidades públicas e particulares organizan numerosas actividades (mesas redondas, exposicións, talleres, feiras, presentacións e todo tipo de espectáculos) para apoiar e homenaxear o éuscaro.
Fonte: Euskara
A Confederación de Persoas Xordas denuncia que non se lles garante a aprendizaxe de lingua de signos aos alumnos xordos
A Confederación de Persoas Xordas denunciou que a aprendizaxe, uso e coñecemento da lingua de signos para alumnos xordos e as súas familias non se garante, a pesar da Lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.
Fonte: Europa Press
O Instituto Etxepare promove o éuscaro a través do surf
Surfeatu ezazu euskararen olatua (Pilla a onda do éuscaro) é o lema escollido polo Instituto Etxepare para a súa nova campaña de difusión da lingua vasca. Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Éuscaro, o organismo presentou un vídeo, realizado en colaboración co Surf Film Festival de San Sebastián, co que se pretende potenciar a divulgación desta lingua.
Fonte: La Vanguardia
As comunidades autónomas pagarán ensino privado en castelán se non hai oferta pública
As administracións sufragarán a escolarización en centros privados cando os alumnos non atopen unha oferta docente pública ou concertada na lingua vehicular de ensino que escollan os pais ou titores.
Fonte: RTVE
As consellerías catalás de Cultura e Xustiza renovan a colaboración co Consello do Colexio de Avogados para fomentar o catalán
O conselleiro de Cultura en funcións, a conselleira de Xustiza en funcións, o presidente da Oficina de Apoio ás Iniciativas Culturais e o presidente do Consello do Colexio de Avogados de Cataluña asinaron un acordo para fomentar o uso, a difusión e o coñecemento do catalán entre os avogados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Propoñen un proxecto de produción masiva de artigos en éuscaro para a Wikipedia
Trátase de establecer as normas para dar os primeiros pasos na alimentación masiva da Wikipedia por parte do alumnado da ESO e de Bacharelato; iso si, sempre baixo a supervisión do profesorado.
Fonte: Deia
Os servizos de intérpretes de lingua de signos poderían desaparecer en Castela-A Mancha
Os oito intérpretes de lingua de signos e os catro mediadores que traballan na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Castela-A Mancha están pendentes da renovación do convenio que permite a súa actividade.
Fonte: Tecnosord
Boletín
Subscríbase ao boletín