España

Policías, bombeiros e Protección Civil de Sevilla aprenden a lingua de signos para atender a persoas xordas

O Plan de Formación da Escola de Seguridade Pública de Andalucía de 2013, dirixido a policías locais, bombeiros e membros de servizos de emerxencias e Protección Civil, inclúe cursos de introdución á lingua de signos española para que poidan atender adecuadamente a persoas xordas ou con discapacidade auditiva cando foron vítimas de violencia de xénero ou de agresións ou se sufriron lesións nun sinistro.

Fonte: ABC

Andalucía

O inglés é o idioma que máis demandan as multinacionais en España

A lingua anglosaxoa consolidouse en 2012 coma o idioma máis demandado polas compañías do noso país, a moita distancia doutras linguas coma o francés, o alemán ou o chinés.

Fonte: ABC

Xeral

Asturias vai pedirlle ao Ministerio de Fomento que use a toponimia oficial en lingua asturiana

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte do Goberno do Principado de Asturias vai pedirlle ao Ministerio de Fomento que repense a súa postura respecto ao uso da toponimia oficial. Nunha comunicación anterior, o ministerio xustificou que non fixesen uso da toponimia oficial asturiana porque “o asturiano non é lingua oficial”.

Fonte: Asturnews

Asturias

O Teatro Gayarre de Pamplona acollerá varios espectáculos infantís en éuscaro

O Teatro Gayarre de Pamplona acollerá varios espectáculos infantís en éuscaro, da man das compañías Kresala, Hika Teatroa e Teatro Paraíso.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O grupo Compromís denuncia a discriminación sistemática do valenciano polo Concello de Xirivella

No ultimo mes, das 48 noticias colgadas no Facebook do Concello, só 3 estaban escritas en valenciano, o que non chega nin ao 7 % das publicacións.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

O catalán é a decimo novena lingua máis utilizada en Twitter

O catalán ocupa a décimo novena posición na clasificación das linguas máis utilizadas en Twitter, segundo o estudo ‘O Twitter de Babel: mapa das linguas do mundo a través de plataformas de microblogging’.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Nace en Mallorca Ona Mediterrània, unha nova radio en catalán

Mallorca disporá dunha emisora de radio nova, Ona Mediterrània, unha emisora exclusivamente en catalán que podería comezar as emisións regulares en abril e que pretende recuperar a voz propia de Mallorca e protexer a cultura balear.

Fonte: Vilaweb

Illas Baleares

As intérpretes de lingua de signos de Castela e León denuncian a baixada de calidade do servizo

As intérpretes de lingua de signos que traducen as clases aos nenos xordos escolarizados nos centros educativos de toda a rexión denuncian a baixada na calidade do servizo que desempeñan tras o cambio de titularidade da empresa concesionaria.

Fonte: Tecnosord

Castela e León

Dobrarán por primeira vez ao asturiano unha película checa

A empresa Gonzali Producciones ten programada a primeira dobraxe ao asturiano dunha película checa do ano 1958.

Fonte: Infoasturies

Asturias

Denuncian que usar o asturiano na universidade é máis fácil fóra de Asturias

O Consello Universitario polo Asturiano (CUPA) anunciou que a Universidade Oberta de Cataluña permitiu a realización dun traballo fin de máster en asturiano. Un feito que non chamaría a atención de non ser porque na propia universidade asturiana xorden todo tipo de problemas cando se quere presentar calquera traballo nesta lingua.

Fonte: Asturnews

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder