España
O Concello de Basauri creará un consello asesor do éuscaro para medir e fomentar o seu uso
O Concello de Basauri fixou entre as súas prioridades a posta en marcha dun novo plan que promova o uso do éuscaro na localidade. Para levar a cabo a revisión do efectuado ata agora e marcar as liñas que se van seguir para a súa promoción durante os próximos anos, PNV e Bildu aprobaron a constitución dun novo consello asesor do éuscaro.
Fonte: El Correo
Llodio ofrece de novo este curso as clases especiais de éuscaro para avós
Ao igual que outros anos, tamén en 2013 os avós e avoas de Llodio terán dous cursos de éuscaro especiais que van estar repartidos en dous niveis. Trátase dunhas clases moi demandadas sobre todo por aqueles que comparten moitas horas cos seus netos, e necesitan saber o básico para comunicarse con eles.
Fonte: Noticias de Álava
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordena adaptar a educación en catalán e castelán para nove alumnos
O alto tribunal catalán insta a Generalitat a adoptar medidas preventivas para garantir que nove alumnos de infantil, primaria e secundaria teñan tamén o castelán como lingua vehicular.
Fonte: El Diario
Máis de 160 entidades reciben axudas para fomentar o éuscaro en centros de traballo
Máis de 160 entidades do sector privado recibirán axudas, por un importe conxunto de 2,28 millóns de euros, dentro da última convocatoria do programa Lanhitz, dirixido a fomentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo.
Fonte: Deia
Critican que a maioría dos carteis de Valencia estean só en castelán
O grupo Compromís denunciou que grande parte dos carteis de Valencia incumpre a ordenanza do valenciano aprobada pola cidade ao figurar só en castelán as informacións.
Fonte: Levante-emv
A demanda de catalán cae un 66 % en Menorca desde que non é requisito na Administración
A demanda do catalán nas escolas de adultos de Menorca caeu en picado desde que esta lingua xa non é requisito para acceder á función pública en Baleares. Desde que o Goberno autonómico deu a coñecer este cambio de criterio hai dous anos, perdéronse o 66 % das matriculacións nesta materia.
Fonte: Última Hora
Un home denuncia ter sido xulgado por dirixirse en valenciano a dous gardas civís
Un veciño de Almenara (Castellón), Carles Mateu, foi xulgado tras unha denuncia interposta contra el pola Garda Civil por desordes públicas nun control de rutina, aínda que el asegurou que foi por expresarse en valenciano antes os axentes.
Fonte: El Mundo
Arranca outra edición do programa de espectáculos en éuscaro “Ikusi eta ikasi”
O concello de Bilbao pretende, coa entrada do novo ano, achegar os mellores espectáculos en éuscaro a nenos e nenas así coma a persoas adolescentes, da man da novena edición do programa “Ikusi eta Ikasi”.
Fonte: Deia
Máis de 2000 persoas participaron nas actividades culturais en éuscaro promovidas polo Goberno de Navarra
Un total de 2028 persoas participou o ano pasado nas actividades culturais en éuscaro que organizou o Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, no marco do programa Kultur Zikloa.
Fonte: Europa Press
O Consorcio pola Normalización Lingüística potencia o uso do catalán en empresas

O Consorcio pola Normalización Lingüística impartirá cursos en liña e semipresenciais para potenciar o uso do catalán no contorno laboral, dado que considera esta lingua como unha ferramenta de competitividade para empresas e empregados.
Fonte: Qué!
Boletín
Subscríbase ao boletín