España

Preto de tres millóns de valencianos aseguran falar a lingua propia

Preto de tres millóns de valencianos aseguran falar a súa lingua propia, fronte aos 2,1 millóns que revelan non facelo. Así queda de manifesto no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011) realizado pola Xarxa Cruscat do Instituto de Estudos Cataláns por encargo do Observatorio da Lingua Catalá.

Fonte: Xarxa CRUSCAT

Comunidade Valenciana

Seis de cada dez alumnos estremeños de Primaria teñen unha competencia media-alta en linguas estranxeiras

Un estudo analizou as competencias en comunicación lingüística en idiomas estranxeiros e en coñecemento e interacción co mundo físico dun total de 23 706 alumnos de 4º curso de Primaria e 2ª de Educación Secundaria (ESO), no que tamén tomaron parte 2463 profesores. Entre os datos concretos, no estudo sinálase que en Educación Primaria o 57,03 por cento dos alumnos estudados teñen unha competencia media-alta en comunicación lingüística en lingua estranxeira e un 32,73 media-baixa.

Fonte: Hoy

Estremadura

A Generalitat de Cataluña subvenciona a promoción do catalán nas comunidades catalás do exterior

O Departamento de Presidencia subvencionou con máis dun millón de euros as comunidades catalás no estranxeiro. Considéranse comunidades catalás no “exterior” as de Madrid, Zaragoza e Sevilla.

Fonte: e-Notícies

Cataluña

Convócanse as probas para obter os certificados oficiais de lingua catalá

Abriuse o prazo de inscrición nas probas para a obtención de certificados oficiais de lingua catalá da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Varios grupos políticos únense para pedir, polo menos, unha radio en éuscaro na comarca de Pamplona

Nafarroa Bai, Bildu, Aralar e Esquerda-Ezkerra de Pamplona presentaron unha moción conxunta para instar o Goberno de Navarra a que “coa maior brevidade”, solicite ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo “a ampliación do número de licenzas destinadas á demarcación de Pamplona, de forma que poida garantirse que, polo menos, unha delas sexa concedida a unha radio con programación íntegra en éuscaro".

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Xa está dispoñible a Axenda Didáctica Escolar de actividades en asturiano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, organiza, en colaboración coa Asesoría de Ensino de Lingua Asturiana e seguindo coas iniciativas de uso, promoción lingüística e apoio ao labor educativo, a Axenda Didáctica Escolar.

Fonte: Asturnews

Asturias

Máis de 600 veciños de Leganés asisten aos cursos de lingua e cultura españolas para estranxeiros

A Concellería de Educación e Cultura ten en marcha un programa de aprendizaxe da lingua e a cultura españolas para estranxeiros no que actualmente hai 27 grupos, cun total de 661 veciños procedentes doutros países que non falan español ou que o fan con dificultade.

Fonte: Gente Digital

Madrid

O Goberno vasco presenta a súa folla de ruta en política lingüística

Potenciar o uso do éuscaro entre os euscaldúns pasivos, fomentar a aprendizaxe entre quen aínda non coñece o idioma, sobre todo nos euskaltegis, e garantir de forma efectiva os dereitos lingüísticos da poboación falante de éuscaro tanto nos ámbitos formais (educación, servizos público, medios de difusión social) como nos informais (ocio, amizades, familia), preséntanse coma os obxectivos clave.

Fonte: Deia

País Vasco

Iniciativa polo Asturiano leva os problemas lingüísticos de Asturias ao Congreso dos Deputados

O presidente de Iniciativa polo Asturiano, Inaciu Galán, vai reunirse no Congreso dos Deputados en Madrid cos deputados da circunscrición asturiana para tratar cuestións “como a situación do asturiano coa nova reforma educativa, o uso da toponimia oficial asturiana nas estradas estatais e outras cuestións que afectan á lingua asturiana no ámbito estatal”.

Fonte: Asturnews

Asturias

A Fundación Elhuyar presenta un portal de corpus web como ferramenta de consulta

A Fundación Elhuyar creou un portal de corpus web e púxoo a disposición dos usuarios, que encontrarán nel tres recursos: un corpus monolingüe de éuscaro, que contén 125 millóns de palabras; un corpus paralelo éuscaro-castelán, que conta con 18 millóns de palabras; e as combinacións de palabras extraídas automaticamente do corpus de éuscaro.

Fonte: Basqueresearch

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder