España

A Deputación de Guipúscoa pide a gratuidade da aprendizaxe do éuscaro en adultos

A Deputación de Guipúscoa instou o Goberno vasco a que inclúa os medios e recursos necesarios no proxecto de orzamentos destinados á gratuidade do ensino do éuscaro para adultos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Cataluña pon en marcha unha oficina de turismo virtual en Facebook que atende consultas en seis linguas

O Departamento de Empresa e Ocupación puxo en marcha unha oficina de turismo en Facebook. O servizo, denominado “Ask the office”, atenderá consultas en catalán, castelán, inglés, francés, italiano e alemán.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Oitenta persoas anótanse aos cursos de catalán en Formentera

Iniciáronse dous cursos de catalán promovidos polo Consello de Formentera a través do seu Servizo de Asesoramento Lingüístico, que queren preparar o alumnado para as probas oficiais que o Goberno balear convocará para finais do mes de maio.

Fonte: Última hora

Illas Baleares

O Concello de Burgos e o Instituto Castelán e Leonés da Lingua poñen en marcha Oficina do Español

O obxectivo é atraer estudantes estranxeiros á capital burgalesa ofrecendo un servizo “de excelencia” achegando axuda en todo o que se refire a trámites burocráticos para a estancia na cidade, áreas de aloxamento en Burgos, información sobre cursos adicionais que poidan interesar ao alumno así como datas de exames e dispoñibilidade dos fondos bibliográficos dos que dispón para o estudo do idioma no Instituto.

Fonte: El Correo de Burgos

Castela e León

O Instituto Etxepare edita un libro sobre a danza vasca por primeira vez en éuscaro, francés e inglés

O Instituto Etxepare publicou en éuscaro, inglés e, por primeira vez, en francés, o libro Danza vasca, de Oier Araolaza, unha obra de divulgación sobre as manifestacións “máis vivas” da danza en Euskadi.

Fonte: ABC

País Vasco

O portal de intercambio de arquivos Mega incorpora o catalán

O novo portal de intercambio de arquivos, Mega, xa está dispoñible en 32 idiomas distintos, entre os que se inclúe o catalán. Despois de seis semanas de vida e grazas á colaboración dos usuarios do servizo, Mega está dispoñible en novos idiomas.

Fonte: Yahoo Finanzas

Cataluña

O Goberno central apoia a normalización do catalán na Administración de Xustiza, pero non tomará medidas para impulsalo

O secretario de Estado de Xustiza, Fernando Román, asegurou que está de acordou con que se debe normalizar o uso do catalán na Administración de Xustiza, pero negou que o Goberno central poida adoptar medidas encamiñadas a incrementar o número de sentenzas que se ditan nesa lingua.

Fonte: Diario Vasco

Xeral

Nace Lingua 2.0, un portal de consulta para español e inglés no ámbito académico e profesional

Co apoio de Innovación Educativa e da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra, desenvolveuse Lingua 2.0, un portal de axuda e consulta permanente en español e inglés no ámbito académico e profesional destinado a toda a comunidade universitaria e a todas as persoas que queiran desenvolver as súas habilidades comunicativas.

Fonte: Universia

Navarra

Inician unha campaña en San Sebastián para que os comerciantes se dirixan en éuscaro aos clientes

O obxectivo é que, se o cliente e o empregado dunha tenda coñecen o éuscaro, teñan unha conversa neste idioma. O Concello puxo en marcha unha campaña en 191 establecementos nos que hai empregados que falan éuscaro para fomentar as relacións comerciais nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O ensino de portugués como segunda lingua estranxeira amplíase en Huelva con dous novos centros

O director xeral de Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Pedro Benzal, acompañado polo delegado territorial de Educación, Cultura e Deporte, Vicente Zarza, inaugurou no IES La Arboleda de Lepe unhas xornadas de formación dirixidas ao profesorado que imparte portugués como segunda lingua estranxeira en seis institutos de ensino secundario de Ayamonte, Isla Cristina e Lepe.

Fonte: Andalucía Información

Andalucía

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder