España

Manacor impulsa e premia a creación en lingua catalá con catro concursos literarios

O Concello de Manacor aposta forte polo catalán como ferramenta comunicativa e cultural. Proba disto foi a presentación das convocatorias aos Premios Ciutat de Manacor 2013, que programou ata catro galardóns de creación literaria, distribuídos nas categorías de novela, poesía, teatro e ensaio, dotados de 5000 euros o primeiro e 3000 os tres seguintes, “para así poder facerse eco por todos os Países Cataláns”.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Celebran a retransmisión en lingua de signos española da cerimonia de entrega dos premios Goya 2013

O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE) anunciou que “aplaude” que a cerimonia de entrega dos premios Goya 2013 se retransmita en directo en lingua de signos española a través da web de RTVE.

Fonte: Crónica Social

Xeral

A cooperativa Llet Nostra impulsa unha acción a favor da etiquetaxe en catalán

A cooperativa leiteira Llet Nostra iniciou unha acción en Facebook para fomentar a etiquetaxe en catalán mediante o slogan "Keep calm and label in catalan".

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana volve obrigarlle a Educación a implantar o valenciano nun colexio

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana (TSJCV) ditou unha sentenza na que lle dá un mes á Consellería de Educación para emitir unha resolución que permita a aplicación do Programa de Ensinanza en Valenciano (PEV) nun colexio público da localidade de Xirivella.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Oito de cada dez nenos vascos matricúlanse no modelo D de ensino en éuscaro

Os últimos datos de prematriculación confirman un ano máis a aposta maioritaria das familias polo modelo de ensino en éuscaro (D) e o paulatino retroceso do método bilingüe (B) e en castelán (A).

Fonte: El Correo

País Vasco

Asociacións de persoas xordas consideran que Canal Sur «despreza» a lingua de signos

Critican que a canle «colocou diante das cámaras un novo equipo de intérpretes que utilizan mal a lingua de signos».

Fonte: ABC

Andalucía

O Concello de San Sebastián destinará 1,5 millóns de euros ao éuscaro

O Concello destinará este ano case un millón e medio de euros a actividades e subvencións para o fomento do éuscaro. É a proposta que leva o Goberno municipal no proxecto de orzamentos do Departamento de Éuscaro que, entre outras propostas, inclúe unha partida de 38 000 euros para ofrecer cursos gratis aos donostiarras que estean en paro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Plataforma pola Lingua lanza unha web para que os camareiros aprendan catalán

A Plataforma pola Lingua e a Fundación Vincle lanzaron unha páxina web para que os traballadores dos bares e restaurantes poidan aprender de forma “áxil e rápida” os termos en catalán que se utilizan con máis frecuencia no seu traballo.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Un novo plan persegue facilitar o uso do éuscaro como lingua de servizo e de traballo en sanidade no País Vasco

O novo enfoque que persigue o plan é facilitar o uso do éuscaro como lingua de servizo e traballo en sanidade. Non se trata só de que os profesionais saquen os perfís, búscase que o paciente teña a opción de usar o éuscaro; a calidade do servizo mellora con este compromiso.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Tolosa entrará a formar parte da asociación de municipios en éuscaro

O Pleno do Concello de Tolosa aprobou, na súa última sesión, solicitar a entrada do Concello de Tolosa na UEMA, a asociación de municipios que traballan só en éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder