España
Nace Euskalapps.net, a primeira tenda en liña de aplicacións en éuscaro para móbiles

A empresa The Movie Virtual creou unha tenda en liña que reúne as aplicacións en éuscaro. Trátase do proxecto Euskalapps.net e desenvolverá aplicacións en éuscaro para teléfonos móbiles.
Fonte: Euskara
O Tribunal Supremo avala o modelo lingüístico da escola catalá
O Tribunal Supremo deulle a razón á Generalitat en canto ao modelo lingüístico da escola catalá. Segundo a sentenza, a demanda dos recorrentes (unha familia que demandaba o castelán como a lingua vehicular para todo o sistema educativo) non é procedente e o tribunal confirma que se trata dunha situación xurídica individualizada.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Inician o proxecto ‘A aplicación da semana’ para fomentar o uso das aplicacións móbiles en catalán
Coincidindo co Mobile World Congress 2013, a Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura inicia o proxecto “A app da semana”, co obxectivo de dar a coñecer a oferta de aplicacións en catalán e fomentar o seu uso.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O esperanto segue vivo en Aragón
En Aragón, un centenar de esperantistas velan por manter viva es lingua grazas ao labor da Asociación Frateco e a Fundación Esperanto.
Fonte: Heraldo
Convocan un certame literario para revivir a lingua vernácula da montaña occidental astur-leonesa
O Clube Xeitu convoca o 5º Certame Literario en Patsuezu ‘Guzmán álvarez’, co que se pretende a revitalización da lingua vernácula da montaña occidental astur-leonesa, ademais do fomento da creación literaria nesta e a súa divulgación.
Fonte: León Noticias
Presentan a primeira guía en lingua de signos no Museo Arqueolóxico de Alacant
O Museo Arqueolóxico de Alacant impulsa a integración cultural das persoas xordas a través de percorridos impartidos por guías con discapacidade auditiva. O Departamento de Didáctica do museo desenvolveu esta novidosa iniciativa en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Alacant –APESOA- co obxectivo de mellorar a calidade de vida e favorecer a autonomía e integración deste colectivo nos distintos ámbitos sociais.
Fonte: Tecnosord
Nace Mintzanet.net, unha ferramenta para practicar éuscaro en calquera lugar
Mintzanet ofrece, se cabe, máis posibilidades que a iniciativa Mintzalagun, xa que permite a todas as persoas manter unha conversa cos seus interlocutores en éuscaro desde calquera lugar do mundo.
Fonte: Euskara
Os concellos de Castela-A Mancha poderán contar con intérpretes de lingua de signos grazas a un novo acordo
A Federación de Municipios e Provincias (FEMP) de Castela-A Mancha e a Federación de Persoas Xordas de Castela-A Mancha (FESORMANCHA) subscribiron un acordo que promoverá a accesibilidade e a información aos servizos municipais das 59 600 persoas xordas que hai censada na rexión e permitirá, entre outras cousas, que os consistorios da rexión poidan contar con intérpretes de lingua de signos en actos municipais.
Fonte: Europa Press
Un total de 16 entidades valencianistas reclama máis protección para a lingua valenciana
As entidades asinantes do escrito achegan un compendio de recomendacións e propostas dirixidas a facer unha auténtica defensa dos sinais de identidade valencianos.
Fonte: El Periodic
Profesores e partidarios da lingua asturiana piden a súa dignificación na nova lei de educación
Un grupo de profesores e de defensores da lingua asturiana concentrouse no centro de Oviedo para pedir a “dignificación” deste idioma como materia na nova Lei de educación.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín