España
Os universitarios cataláns deberán coñecer unha terceira lingua ao acabar os seus estudos

Os universitarios cataláns deberán demostrar un nivel suficiente de coñecementos dunha terceira lingua ao finalizar os seus estudos a partir do próximo curso 2013-2014.
Fonte: La Vanguardia
Un estudo determina que o uso da lingua de signos fomenta a lectura en adolescentes xordos
Un estudo realizado pola Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación, coa colaboración da Universidade Autónoma de Madrid e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, e co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte demostrou, por primeira vez, que a lingua de signos ten un impacto favorable no hábito lector na educación de mozos xordos.
O Concello de Leioa prepara o seu Plan de promoción do éuscaro
Leioa xa ten apuntalado o seu novo Plan de promoción do éuscaro, unicamente faltan uns retoques para que o equipo de goberno o presente ante o pleno do Concello para que este decida sobre a súa aprobación. Trátase dunha folla de ruta que recolle os obxectivos e plans de acción para fortalecer o idioma, que se realizarán entre este 2013 e 2017.
Fonte: Deia
Habilitan unha páxina web que mostra todas as noticias e actividades relacionadas co éuscaro en Durango
O principal obxectivo desta iniciativa impulsada pola Mancomunidade da Merindad de Durango e pioneira a nivel comarcal é aglutinar nun mesmo espazo todos os recursos existentes en Durangaldea para que, quen así o desexe, poida vivir nesta lingua dun modo pleno.
Fonte: Deia
A asociación N’Ast pide a oficialidade como solución para a situación do asturiano no ensino
Desde N’Ast salientaron que "a calamitosa situación que lle espera á lingua asturiana no sistema educativo e, por extensión, ao profesorado que imparte a materia, non vai depender da Lei orgánica para a reforma da calidade educativa (LOMCE), senón da ausencia de oficialidade”.
Fonte: Info Asturies
O Goberno balear preséntalles o borrador do decreto de plurilingüismo aos centros
O director xeral de Ordenación, Innovación e Formación Profesional, Onofre Ferrer, iniciou a presentación do borrador do proxecto de decreto polo que se regula o tratamento integral das linguas aos directores de centros educativos non universitarios de Baleares.
Fonte: Última Hora
O Concello madrileño de Parla ofrece un servizo de tradución gratuíto a diferentes idiomas
O Concello de Parla (Madrid) volve ofrecerlles un servizo de tradución gratuíto de árabe, ruso, chinés, francés ou inglés aos veciños estranxeiros que o necesiten. Nesta ocasión, serán os alumnos en prácticas do máster de Comunicación Intercultural, Interpretación e Tradución na Universidade de Alcalá de Henares os encargados de realizar as conversións. O consistorio tamén inclúe o servizo de interpretación oral para entrevistas de traballo, reunións ou eventos.
Fonte: Aprende Más
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obriga a que a clase sexa en castelán se un só alumno o solicita
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña confirmou en dez autos xudiciais que a Administración catalá deberá impartir ensino bilingüe -en castelán e catalán- nos centros escolares onde algunha das familias así o solicitara.
Fonte: La Vanguardia
A asociación Sortzen-Ikasbatuaz reclamará en Villatuerta (Navarra) o dereito a vivir en éuscaro
A asociación Sortzen-Ikasbatuaz convoca a miles de persoas para que acudan o día 21 de abril a Villatuerta co obxectivo de reivindicar entre todos o dereito a vivir e estudar en éuscaro. Precisamente, Villatuerta é unha das moitas localidades navarras que están incluídas na zona non vascófona, segundo a Lei do éuscaro, e dáse a circunstancia de que cada día uns 31 nenos de Villatuerta se trasladan ata Estella para estudar en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A Generalitat Valenciana crea as dúas liñas de ensino en valenciano esixidas polo Tribunal Superior de Xustiza
A Consellería de Educación notificoulles ao colexio parroquial concertado Sant Cristòfor de Picassent e ao colexio público (CP) Rei en Jaume de Xirivella que autorizou para o próximo curso 2013-2014 a implantación en ambos os centros de dúas liñas de ensino en valenciano, cumprindo así as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) en decembro e febreiro pasados.
Fonte: Levante-EMV
Boletín
Subscríbase ao boletín