España
Solicítanlle ao Concello de Barakaldo que oferte os contidos da web ‘barakaldosmartcity’ en éuscaro e inglés
O PNV de Barakaldo (Biscaia) solicitoulle ao equipo de Goberno que leve a cabo os cambios oportunos para que o portal web barakaldosmartcity.com ofreza os seus contidos tanto en éuscaro como en inglés.
Fonte: Europa Press
Catalán e castelán úsanse como linguas habituais case ao 50 % en Cataluña
Os cataláns utilizan como linguas propias habituais o catalán e o castelán nunha proporción de case o 50 por cento (42,1 e 42,4 %, respectivamente) mentres que hai un 14 % que as usan por igual, segundo unha enquisa do CIS.
Fonte: El Diario
O alemán é a segunda lingua máis demandada na Universidade de Salamanca, mentres que catalán, galego e éuscaro retroceden
O alemán é xa, tras o inglés, a segunda lingua máis demandada na Universidade de Salamanca mentres que o éuscaro, o catalán e o galego tiveron no último ano “menor acollida debido á redución nas convocatorias de prazas nas comunidades” onde se falan esas linguas.
Fonte: ABC
Miles de persoas piden en Oviedo a oficialidade da lingua asturiana
O bo tempo e o ambiente reivindicativo que vive a sociedade nestes meses serviron para que a Manifestación pola Oficialidade en Oviedo tivera unha moi boa participación, mellorando con respecto a outros anos.
Fonte: Asturnews
O catalán en Aragón pasará a chamarse ‘lingua aragonesa da área oriental’
O catalán en Aragón pasará a denominarse LAPAO (lingua aragonesa propia da área oriental). Así o recolle a futura Lei de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas propias de Aragón. O aragonés sería rebautizado tamén coma lingua aragonesa propia das áreas pirenaica e prepirenaica (LAPAPYP).
Fonte: Te Interesa
O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana avala o uso da denominación ‘lingua catalá’ na Universidade Jaume I
O Diario Oficial da Comunidade Valenciana (DOCV) publica a sentenza ditada polo Tirbunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana (TSJCV) na que avala o uso das expresións “academicamente lingua catalá” e “ámbito lingüístico catalán” nos Estatutos da Universidade Jaume I (UJI) de Castelló. Porén, rexeita a utilización de “País Valenciano” como equivalente a “Comunidade Valenciana”.
Fonte: El Mundo
O 80 % da poboación de Cataluña fala catalán e o 65 % escríbeo, segundo o último Informe de política lingüística
O informe mostra que o 80,5 % da poboación adulta sabe falar catalán, o 65 % escríbeo e un 65 % leo. Tamén indica que se mantén a porcentaxe de persoas que teñen o catalán como lingua inicial, que se incrementan os que a teñen como lingua de identificación, que aumentan as persoas que a consideran como lingua de uso habitual e que crece o uso do catalán cos amigos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O director do Instituto Cervantes admite que non é bo que esta institución se ocupe só do ensino do español
O Instituto Cervantes está estudando un “programa de potenciación das súas relación” co Instituto Ramon Llull, o Instituto Vasco Etxepare e o Consello da Cultura Galega en materia lingüística.
Fonte: El Correo Gallego
O Goberno catalán demandará o uso do catalán en todos os trámites xudiciais nos que interveña a Generalitat
O Consello Executivo acordou que sexa obrigatorio o uso do catalán en todos os trámites dos procesos xudiciais dos tribunais de Cataluña nos que interveña a Generalitat ou as entidades do seu sector público. Desta forma, o Executivo pretende aumentar e normalizar o uso desta lingua nun ámbito que continúa a ser minoritario.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A crise é unha fértil fonte de enriquecemento da lingua española
A crise está a ser “unha fértil fonte de enriquecemento da lingua española”, coa incorporación de ingresos léxicos, de novas palabras e a recuperación doutras, o que permite “crear linguaxe” afirmou o director da Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA), Xoaquín Müller.
Fonte: La Rioja
Boletín
Subscríbase ao boletín